Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 23 de xullo de 1996 Páx. 7.111

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 13 de marzo de 1996 pola que se publica o Regulamento de contratación administrativa da Universidade de Santiago de Compostela.

Advertidos erros no texto da citada resolución, remitido para a súa publicación no DOG nº 73, do 15 de abril de 1996, páxina 3.383 e seguintes, cómpre face-las oportunas correccións.

Onde di:

«Artigo 8º

...

a) Aprobación do procedemento, do prego de prescricións técnicas e do gasto correspondente».

Debe dicir:

«Artigo 8º

...

a) Aprobación do procedemento e forma de adxudicación, do prego de prescricións técnicas e do gasto correspondente».

Onde di:

«Artigo 13º

1. Cando na obra concorran circunstancias especiais, o rector poderá acordar, a proposta da Unidade Técnica, a redacción dun anteproxecto ou proxecto básico da obra co alcance e contido que se estableza no propio acordo.

Debe dicir:

«Artigo 13º.

1. Cando na obra concorran circunstancias especiais, o rector poderá aprobar, por proposta da Unidade Técnica, a redacción dun anteproxecto ou proxecto básico da obra co alcance e contido que se estableza na propia resolución».

Onde di:

«Artigo 14º

...

3. Por resolución rectoral dictada en execución do acordo que aprobe o dito programa, acordarase a iniciación dos procedementos de contratación tanto dos proxectos como da execución das obras que se estimen prioritarias».

Debe dicir:

«Artigo 14º

...

3. Por resolución rectoral dictada en execución do acordo que aprobe o dito programa, resolverase a iniciación dos procedementos de contratación tanto dos proxectos como da execución das obras que se estimen prioritarias».

Onde di:

«Artigo 16º

...

2. Non obstante o disposto no número anterior, cando na obra concorran circunstancias especiais, poderase acorda-la contratación dun arquitecto ou empresa que, ademais de ter plena capacidade de obrar, reúnan os requisitos de solvencia técnica ou financeira necesarias para o desenvolvemento do traballo encomendado».

Debe dicir:

«Artigo 16º.

...

2. Non obstante o disposto no número anterior, cando na obra concorran circunstancias especiais,

poderase acorda-la contratación dun arquitecto ou empresa que, ademais de ter plena capacidade de obrar, reúnan os requisitos de solvencia técnica e financeira necesarias para o desenvolvemento do traballo encomendado».

Onde di:

«Artigo 19º

...

3. O expediente rematará, mediante resolución rectoral motivada, aprobando o expediente de contratación e ordenando a apertura do procedemento, forma de adxudicación e o gasto.

Debe dicir:

«Artigo 19º

...

2. O expediente rematará, mediante resolución rectoral motivada, aprobando o expediente de contratación e ordenando a apertura do procedemento, forma de adxudicación e o gasto».

Onde di:

«Artigo 20º

Correspóndelle ó Servicio de Xestión Económica a elaboración dos pregos de cláusulas administrativas particulares, que incluirán os pactos e condicións definidoras dos dereitos e obrigas que asumirán as partes do contrato. Así mesmo, este remitirá ó Servicio de Contabilidade e Orzamentos unha proposta para a emisión do documento contable de autorización de crédito».

Debe dicir:

«Artigo 20º

Correspóndelle ó Servicio de Xestión Económica a elaboración dos pregos de cláusulas administrativas particulares dos contratos de obras, que incluirán os pactos e condicións definidoras dos dereitos e obrigas que asumirán as partes do contrato. Así mesmo, este remitirá ó Servicio de Contabilidade e Orzamentos unha proposta para a emisión do documento contable de autorización de crédito».

Onde di:

«Sección segunda

Da adxudicación dos contratos»

Debe dicir:

«Sección segunda

Da adxudicación dos contratos de obras»

Onde di:

«Artigo 23º

...

2. Poderá acordarse a aplicación do procedemento negociado respecto ás obras nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 140 da Lei de contratos das administracións públicas».

Debe dicir:

«Artigo 23º

...

2. Poderá acordarse a aplicación do procedemento negociado respecto ás obras nas que concorra algunha das circunstancias previstas nos artigos 140 e 141 da Lei de contratos das administracións públicas».

Onde di:

«Artigo 28º

...

2. No prazo de seis meses contado desde a data da acta de recepción, deberá acordarse e ser notificada ó contratista a liquidación correspondente e aboárselle o saldo resultante, de se-lo caso. A dirección facultativa das obras nomeada pola administración formulará a proposta de liquidación das realmente executadas, tomando como base para a súa valoración as condicións económicas establecidas no contrato.

Debe dicir:

«Artigo 28º

...

2. No prazo de seis meses contado desde a data da acta de recepción, deberá aprobarse e ser notificada ó contratista a liquidación correspondente e aboárselle o saldo resultante, de se-lo caso. A dirección facultativa das obras nomeada pola universidade formulará a proposta de liquidación das realmente executadas, tomando como base para a súa valoración as condicións económicas establecidas no contrato.

Onde di:

«Artigo 30º

...

3. Unha vez adxudicados os contratos de subministracións de bens a que se refiren os números anteriores, remitirase, ós distintos centros de gasto e responsables de asuntos económicos, relación dos que teñan sido obxecto de contratación con indicación das súas características, prezo e empresa adxudicataria, a fin de que aquelas poidan adquirir directamente a clase e número de bens que precisen, facendo constar na factura que se axusta ó contrato».

Debe dicir:

«Artigo 30º

...

3. Unha vez adxudicados os contratos de subministracións de bens a que se refiren os números anteriores, remitirase, ós distintos centros de gasto e responsables de asuntos económicos, relación dos que teñan sido obxecto de contratación con indicación das súas características, prezo e empresa adxudicataria, a fin de que aqueles poidan adquirir

directamente a clase e número de bens que precisen, facendo constar na factura que se axusta ó contrato».

Onde di:

«Artigo 31º

O expediente de contratación conterá necesariamente:

...

3. O expediente rematará, mediante resolución motivada, na que aprobe o expediente de contratación e se ordene a apertura do procedemento a forma de adxudicación e o gasto».

Debe dicir:

«Artigo 31º

1. O expediente de contratación conterá necesariamente:

...

2. O expediente rematará, mediante resolución rectoral motivada, na que aprobe o expediente de contratación e se ordene a apertura do procedemento, a forma de adxudicación e o gasto».

Onde di:

«Artigo 32º

Correspóndelle ó Servicio de Xestión Económica a elaboración dos pregos de cláusulas administrativas particulares que incluirán os pactos e condicións definidoras dos dereitos e obrigas que asumirán as partes do contrato. Así mesmo, este remitirá ó Servicio de Contabilidade e Orzamentos unha proposta para a emisión do documento contable de autorización de crédito».

Debe dicir:

«Artigo 32º

Correspóndelle ó Servicio de Xestión Económica a elaboración dos pregos de cláusulas administrativas particulares dos contratos de subministracións que incluirán os pactos e condicións definidoras dos dereitos e obrigas que asumirán as partes do contrato. Así mesmo, este remitirá ó Servicio de Contabilidade e Orzamentos unha proposta para a emisión do documento contable de autorización de crédito».

Onde di:

«Artigo 33º

...

2. No procedemento restrinxido só poderán presentar proposicións aqueles empresarios seleccionados expresamente pola Administración, logo de solicitude deles.

3. No procedemento negociado o contrato será adxudicado ó empresario xustificadamente elixido pola Administración, logo de consulta e negociación dos termos do contrato con un ou varios empresarios».

Debe dicir:

«Artigo 33º

...

2. No procedemento restrinxido só poderán presentar proposicións aqueles empresarios seleccionados expresamente pola universidade, logo de solicitude dos mesmos.

3. No procedemento negociado o contrato será adxudicado ó empresario xustificadamente elixido pola universidade, logo de consulta e negociación dos termos do contrato con un ou varios empresarios».

Onde di:

«Artigo 36º

Terán a consideración de contratos menores os que non excedan de 2 millóns de pesetas. Para gastos menores de subministracións de orzamento inferior a 1,1 millóns de pesetas será esixible proposta de gasto, e como documento xustificativo, a factura correspondente».

Debe dicir:

Artigo 36º

Terán a consideración de contratos menores os que non excedan de 2 millóns de pesetas. Para gastos menores de subministracións de orzamento inferior a 1,1 millóns de pesetas será esixible folla de pedimento, e como documento xustificativo, a factura correspondente».

Onde di:

«Artigo 41º

...

1. Tramitar á Sección de Contabilidade o expediente para a retención do crédito correspondente».

Debe dicir:

«Artigo 41º

...

1. Tramitar ó Servicio de Contabilidade e Orzamentos o expediente para a retención do crédito correspondente».

Onde di:

«Artigo 51º

...

O procedemento negociado só poderá ter lugar, logo de xustificación razoada no expediente, nos supostos establecidos no artigo 160-2 da Lei de contratos das administracións públicas».

Debe dicir:

«Artigo 51º

...

2. O procedemento negociado só poderá ter lugar, logo de xustificación razoada no expediente, nos

supostos establecidos no artigo 160-2 da Lei de contratos das administracións públicas».

Onde di:

«Artigo 55º

Procedementos de adxudicación:»

Debe dicir:

«Artigo 55º

Procedementos e formas de adxudicación.

Onde di:

«Artigo 56º

...

O expediente iniciarase cunha proposta de gasto, na que se incluirán aquelas cláusulas especiais que deban ser incluídas no contrato e que serán redactadas polo órgano propoñente».

Debe dicir:

«Artigo 56º

...

O expediente iniciarase cunha proposta de gasto, na que se incluirán aquelas cláusulas especiais que deban ser incluídas no contrato e que serán redactadas polo órgano, servicio ou unidade propoñente».

Onde di:

«Artigo 60º

Os citados acordos deberán incluír, como mínimo:»

Debe dicir:

«Artigo 60º

Os citados convenios deberán incluír, como mínimo:»

5560