Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 18 de xullo de 1996 Páx. 6.996

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica a resolución dos expedientes administrativos sancionadores P-189/1995 e P-280/1995 incoados por infracción da lexislación vixente en materia de pesca fluvial, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, as resolucións dos ditos expedientes, por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial.

Contra as ditas resolucións e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 o 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte desta publicación, poderán interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería

e Montes. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo dentro do prazo dun mes contado desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 311-152-115/8 da Caixa de Galicia (2091), Oficina Principal de Lugo (152). De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobro pola vía de constrinximento.

Para proceder ó aboamento da sanción, deberá empregar os impresos normalizados que lle serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla.

ANEXO

-Expediente nº: P-189/95.

Denunciado: Eugenio Losada Vázquez.

DNI: 52.488.519.

Ultimo enderezo coñecido: Botos-Lalín-Pontevedra.

Feitos: practica-lo deporte da pesca no couto de pesca sen morte no río Neira-couto Valdriz o día 28-4-1995, incumprindo as prescricións especiais dictadas pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para determinados treitos ou masas de auga; carecendo de permiso de couto, e usar como engado mosca con boia e arpón en anzó. Orde de 24-2-1995 (DOG do 13-3-95).

Precepto sancionador: Art. 33.9º, 34.10º e 34.14º da Ley 7/1992.

Sanción: 70.000 ptas. de multa e inhabilitación dun ano para opte-la licencia de pesca.

-Expediente nº: P-280/95.

Denunciado: Abeledo Vázquez Sanjurjo.

DNI: 33.600.747.

Ultimo enderezo coñecido: Pintor Villamil, 23. Lugo.

Feitos: practica-lo deporte da pesca en zona coutada carecendo do permiso de couto. Feitos ocorridos no couto de Ombreiro-río Miño o día 15-7-1995.

Precepto sancionador: Art. 34.10º da Ley 7/92 de pesca fluvial.

Sanción: 50.001 ptas. de multa e inhabilitación dun ano para opte-la licencia de pesca. Devolución da logo de aboamento da sanción.

Lugo, 4 de xuño de 1996.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

5179