Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 18 de xullo de 1996 Páx. 6.997

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 27 xuño de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se fai pública a adxudicación do concurso aberto da asistencia técnica consistente na realización dunha enquisa de efectivos de gando bovino e producción e destino do leite, xuño e decembro de 1996.

Por Resolución do 16 de abril de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, anunciouse o citado concurso aberto.

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa, o titular da consellería resolveu adxudicarlle a asistencia técnica á empresa:

Omega Consulting, S. L., importe de adxudicación: 6.989.000 pesetas.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 1996.

P.D. (Orde 13-12-93, DOG nº 239, 14-12-93)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

5180