Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 18 de xullo de 1996 Páx. 6.996

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de incoación dos expedientes sancionadores de pesca fluvial P-86/1996 e P-106/1996, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE de 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle as persoas que no anexo se mencionan, que con esta data resolvín publicar o acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción a Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia (DOG nº 151, do 5 de agosto de 1993), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructor deste procedemento a José Ángel Madarro Río, funcionario desta delegación; podendo ser recusado en calquera momento do expediente de concorrer os supostos legais.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte o da publicación desta notificación, para aportar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme ó establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, de 4 de agosto de 1993, de non efectuarse alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

O pago voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá empregar os impresos normalizados que lle serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo, Ronda de la Muralla, 197.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

ANEXO

-Expediente: P-86/1996.

Denunciado: Óscar Fernández López.

Último enderezo coñecido: Avda. do Generalísimo, 88.- A Pontenova (Lugo).

Feitos imputados: practica-lo deporte da pesca con cana non respetando as limitacións de tamaño fixadas pola Orde do 16-2-1996 (DOG do 29-2)

da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, o ter capturado 1 troita de tamaño inferior o regulamentario e non devolvela o río. Feitos ocorridos o 31-3-1996 no río Lamas-tramo de Naraxa.

Precepto sancionador: artigo 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Cualificación da infracción: leve.

Sanción: 10.000 ptas. de multa e 3.000 ptas. de indemnización por danos e perdas segundo a valoración feita polo Servicio M.A.N.- Lugo.

-Expediente: P-106/1996.

Denunciado: Francisco Sáez Delgado.

Último enderezo coñecido: c/ Riera Blanca, 184 - Hospitalet (Barcelona).

Feitos imputados: practica-la pesca con máis canas das permitidas (sete canas) e utilizando sedelas dormentes (once), tendo pescado dez troitas. Feitos constatados o día 11-4-1996 no encoro de Negueira-Lugo.

Precepto sancionador: artigo 33.4º e 35.5º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Cualificación da infracción: grave.

Sanción: 500.001 ptas. de multa, 50.000 ptas. de indemnización por danos e perdas segundo a valoración feita polo Servicio M.A.N.- Lugo e inhabilitación para opte-la licencia de pesca de un ano e un día.

Lugo, 4 de xuño de 1996.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado Provincial de Lugo

5181