Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 18 de xullo de 1996 Páx. 6.995

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ANUNCIO.-CONVOCATORIA dos representantes dos usos agrícolas para a rega nas seccións Galicia Costa e Concas Intercomunitarias da Xunta de Goberno do organismo autónomo Augas de Galicia.

O artigo 21.1º do Decreto 108/1996, do 29 de febreiro, polo que se aproba o regulamento do organismo autónomo Augas de Galicia, establece a presencia nas seccións Galicia Costa e Concas Intercomunitarias da xunta de Goberno, dun (1) e dous (2) vocais respectivamente, representantes dos usos agrícolas par a rega designados polas comunidades de regadores constituídas dentro dos ámbitos territoriais respectivos.

O 17-6-1996, publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG nº 118) anuncio polo que se comunicaba a exposición do censo provisional dos devanditos usuarios, para que, nun prazo de 10 días, se realizasen as alegacións que se considerasen oportunas.

Transcorrido o devantido prazo, e co obxecto de proceder á elección dos mencionados representantes, convócanse os citados usuarios mediante o presente anuncio ó acto público que se celebrará o vindeiro día 23 de xullo, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da planta baixa da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, sita nos edificios administrativos de San Caetano, s/n, e no que se procederá á elección dos citados representantes.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 1996.

Emilio García Gallego

Presidente de Augas de Galicia

5178