Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 18 de xullo de 1996 Páx. 6.995

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ANUNCIO.-CONVOCATORIA dos representantes dos usos agrícolas para a rega nas comisións de desaugamento de encoros do organismo autónomo Augas de Galicia.

O artigo 31 c) do Decreto 108/1996, do 29 de febreiro, establece a presencia nas comisións de desaugamento de encoros dun representante (1) dos usos agrícolas de rega que utilicen augas superficiais pola agrupación de tódalas comunidades de regadores individuais, elixido entre eles, constituídas dentro do ámbito territorial de Galicia Costa.

O 17-6-1996, publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG nº 118) un anuncio polo que se comunicaba a exposición do censo provisional dos devan

ditos usuarios, para que, nun prazo de 10 días, se realizasen as alegacións que se consideren oportunas.

Transcorrido o devandito prazo, e co obxecto de proceder á elección do mencionado representante, convócase os citados usuarios, mediante o presente anuncio, ó acto público que se celebrará o vindeiro día 23 de xullo, ás 9 horas da mañá na sala de xuntas da planta baixa da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, sita nos edificios administrativos de San Caetano, s/n, e no que se procederá á elección do citado representante.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 1996.

Emilio García Gallego

Presidente de Augas de Galicia

5156