Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 18 de xullo de 1996 Páx. 6.994

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 1996 pola que se anuncia a contratación de asistencias técnicas que terán por obxecto a realización de revisións de control financeiro.

Esta consellería resolveu convoca-la contratación polo procedemento de concurso aberto e tramitación urxente, para a adxudicación dos contratos de asistencia técnica, a continuación relacionados, que terán por obxecto a realización de revisións de control financeiro correspondentes ás actividades desenvolvidas

por determinadas entidades da Comunidade Autónoma, durante o exercicio de 1995, así coma de revisións de expedientes de subvencións.

a) Orzamento de licitación e prazos de execución:

EntidadesPrazo de

execución

Importe

en

millóns

de

pesetas

1. Instituto Galego da Vivenda e SoloDous meses 1,5
2. Instituto Galego das Artes Escénicas e MusicaisUn mes0,8
3. Academia Galega de SeguridadeUn mes0,8
4. Hospital Juan CanalejoDous meses2
5. Fundación Hospital de Verín45 días0,9
6. Hospital Xeral de GaliciaUn mes1
7. Hospital Xeral de VigoDous meses2
8. Hospital Nª Srª del Cristal. Ourense45 días1
9. S.A. para o Desenvolvemento Comarcal de GaliciaUn mes0,8
10. S.A. de Xestión do Xacobeo-93Un mes0,8
11. Sodiga, S.A.Un mes0,8
12. Gestenga, S.A.Un mes0,8
13. Revisión Exptes. de concesión de avais concedidos pola Comunidade Autónoma en 199545 días1
14. Revisión 1/95 subvencións Industria I.Dous meses2,9
15. Revisión 2/95 subvencións Industria IIDous meses2,4
16. Revisión 3/95 subvencións Industria IIIDous meses1,6
17. Revisión 4/95 subvencións Industria IVDous meses1,9
18. Revisión 5/95 subvencións Pesca IDous meses2,6
19. Revisión 6/95 subvencións Pesca IIDous meses2,2
20. Revisión 7/95 subvencións AgriculturaDous meses3
21. Revisión 8/95 subvencións Igape IDous meses3
22. Revisión 9/95 subvencións Igape IIDous meses1,4
23. Revisión 10/95 subvencións Educación, CulturaDous meses1,5
24. Revisión 11/95 subvencións Sanidade, PresidenciaDous meses2
25. Revisión 12/95 subvencións indirectasDous meses1

b) Fianza provisional: 2% sobre o orzamento fixado para cada contrato pola Administración.

c) Exposición dos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas: estarán ó dispor dos interesados para a súa consulta, na Consellería de Economía e Facenda, Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, Subdirección Xeral de Control Financeiro, durante o prazo de presentación de proposicións de dez a catorce horas.

d) Prazo de presentación das proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará ás catorce horas do decimoterceiro día natural seguinte. No caso de que o último día do prazo fose inhábil entenderase prorrogado ó primeiro día hábil seguinte.

e) Lugar de presentación das proposicións: no rexistro da Consellería de Economía e Facenda, Edificio Administrativo nº 3, San Caetano, Santiago de Compostela. Os sábados só poderán presentarse no rexistro xeral, Consellería da Presidencia e Administración Pública, Edificio nº 1, San Caetano, Santiago de Compostela.

f) Documentación que deben presenta-los licitadores: tanto a documentación acreditativa para contratar coa Administración coma as referencias técnicas e o detalle co que debe(n) presenta-la(s) proposición(s) determínase no prego de cláusulas administrativas particulares.

g) A mesa de contratación procederá á apertura das proposicións, en acto público, ó que poderán asisti-los licitadores e os seus representantes nas dependencias das Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, en San Caetano, (Santiago de Compostela), ás 11 horas do día 10 de setembro de 1996.

h) O importe do presente anuncio será por conta dos respectivos adxudicatarios en proporción ós orzamentos de licitación dos traballos que lles sexan adxudicados.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 1996.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda

5155