Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 18 de xullo de 1996 Páx. 6.993

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (318/1995).

María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, certifico que neste xulgado se seguen autos de xuízo executivo nº 318/1995, por instancia do Banco de Asturias, S.A., representado polo procurador García Piccoli Atanes, contra Hotel Residencia La Rosaleda, S.L., Miguel Álvarez de Toledo Saavedra e María Nely Costela Nazorro, actuacións nas que se dictou a presente sentencia de data once de marzo de mil novecentos noventa e seis, co encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

Vistos por Gustavo Adolfo Martín Castañeda, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, os presentes autos de xuízo executivo número 318/1995, promovidos polo procurador Ricardo

García Piccoli Atanes, en nome e representación da sociedade mercantil Banco de Asturias, S.A., asistido da letrada María José Sánchez Salgueiro, contra a sociedade mercantil Hotel Residencia La Rosaleda, S.L., con domicilio en Santiago, rúa Ourense, 7, Miguel Álvarez de Toledo Saavedra, con domicilio en Padrón, rúa Escravitude, e María Nely Costela Mazorro, con domicilio en Santiago de Compostela, rúa Ourense, 78, e declarados en rebeldía.

Resolvo que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada, ata facer remate dos bens embargados á sociedade mercantil Hotel Residencia La Rosaleda, S.L., Miguel Álvarez de Toledo Saavedra e María Nely Costela Mazorro, declarados procesualmente en rebeldía.

E co seu producto, cumprido pagamento á parte demandante da cantidade de 569.762 pesetas, importe do principal, e a suma de 300.000 pesetas para xuros e custas, ó pagamento das cales debo condenar e condeno os demandados indicados.

E dada a rebeldía dos demandados, notifíqueselles na forma previda na lei, se non se pide dentro dos tres días seguintes a notificación persoal.

Esta resolución non é firme e contra ela poderase interpoñer neste xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días contado desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación á causa, definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e sirva de notificación de sentencia por edicos a Miguel Álvarez de Toledo Saavedra, en paradoiro ignorado, expido e asino este edicto en Santiago de Compostela o vintetrés de maio de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

5512