Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 18 de xullo de 1996 Páx. 6.993

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (219/1990).

Nos autos de xuízo executivo nº 219/1990, por instancia do Banco Pastor, S.A., contra Porfirio S. Piñeiro Pazos, Cristina Pazos de Piñeiro e Rodolfo Piñeiro Pazos, dictouse a seguinte providencia.

Maxistrada-xuíza Castro Calvo.

En Santiago de Compostela o trinta de maio de mil novecentos noventa e seis.

Dada conta. De conformidade co disposto no artigo 1.506 da LAC, e non alcanzando a cifra ofrecida as dúas terceiras partes do prezo que serviu de tipo para a segunda poxa, con suspensión da aprobación do remate, farase sabe-lo prezo ofrecido (predio nº 16.869 a cantidade de duascentas mil (200.000) pesetas e predio nº 16.870 a cantidade de catrocentas mil (400.000) pesetas) ós debedores, os cales, dentro dos nove días seguintes lle poderán pagar ó acredor liberando os bens, ou presentar persoa que mellore a oferta; ou paga-la cantidade ofrecida polo postor para que se deixe sen efecto a aprobación do remate. Líbrese exhorto ó Xulgado de Paz de Rianxo e cédula de notificación ó Diario Oficial de Galicia a fin de efectua-la devandita dilixencia.

Contra esta resolución, por non ser firme, poderase interpor recurso de reposición no improrrogable termo de tres días, contado desde o seguinte ó da súa notificación, ante este xulgado, e que será resolto pola maxistrada xuíza.

Mándao e asínao S.Sª., do que dou fe.

Rubricado. A maxistrada-xuíza. Dou fe.

E para que conste e sirva de notificación ós demandados Porfirio S. Piñeiro Pazos e Cristina Pazos de Piñeiro, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido esta cédula que asino e selo en Santiago de Compostela o trinta de maio de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

4268