Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 12 de xullo de 1996 Páx. 6.847

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (46/1996).

Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos a que se fai mención se dictou a sentencia co seguinte encabezamento e parte dispositiva:

En Santiago de Compostela o dez de abril de mil novecentos noventa e seis.

En nome de S.M. o Rei.

Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres desta cidade, pronunciou a seguinte:

Sentencia.

No xuízo de faltas número 49/1996, dimanante do procedemento seguido por furto e ameazas, no que foron parte, ademais do Ministerio Fiscal, Concepción Armañaz Sánchez, denunciante, con domicilio na rúa Franco, nº 25, baixo, Santiago de Compostela; Alberto del Río Lago, denunciado, con domicilio na rúa Xeneral Aranda, nº 20, Santiago de Compostela.

Decido que debo absolver e absolvo do feito orixe destas actuacións o denunciado Alberto del Río Lago, e declaro de oficio as custas desta instancia.

Así, por esta miña sentencia, que lles será notificada ás partes coa advertencia de que contra ela poderán interpor recurso de apelación ante este xulgado perante a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de cinco días, quedando as actuacións durante en secretaría ó dispor das partes (o recurso formalizarase e tramitarase conforme o disposto nos artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal), e da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo.

De conformidade co disposto no artigo 248 da Lei orgánica do Poder Xudicial, contra a presente resolución poderán as partes interpor recurso de apelación perante o Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción, dentro de cinco días, quedando as actuacións durante este período en secretaría.

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, para que sirva de notificación a Alberto del Río Lago, expido e asino o presente testemuño en San

tiago de Compostela o vintedous de maio de mil novecentos noventa e seis.

O secretario xudicial

Rubricado

4140