Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 12 de xullo de 1996 Páx. 6.846

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento (500/1995-05).

En virtude do acordado en resolución dictada polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, coñecendo en autos de proceso de cognición que se seguen perante este xulgado co número 500/1995, por instancia de Francisco Noya Nieto, representado polo procurador Regueiro Muñoz, sobre resolución de contrato de arrendamento e reclamación de rendas, por medio da presente cédula emprázase a Francisco Javier García García, con último domicilio coñecido en Ramón Cabanillas, nº 8-4º C, Santiago de Compostela, actualmente en paradoiro descoñecido, para que no improrrogable prazo de nove días compareza nos autos, baixo apercibimento de ser declarado en rebeldía e de que recaerán sobre el os demais prexuízos a que houber lugar en dereito.

E para que sirva de emprazamento en forma ó citado demandado, a quen se lle fai saber que as copias da demanda e documentos se encontran ó seu dispor na secretaría deste xulgado, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela

o vinteoito de maio de mil novecentos noventa e seis.

Gonzalo Cabaleiro de Saa

Secretario xudicial

414