Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 12 de xullo de 1996 Páx. 6.846

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (196/1995).

Mª Luisa Cobas Martínez, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón e o seu partido, fai saber que neste xulgado se tramita expediente de dominio 196/1995, por instancia de Mª Dolores Caldelas Parrado, representada polo procurador Ricardo García Piccoli Atanes, co fin de que se practique a inmatriculación do seguinte predio:

«Labradío denominado Leira de Arro, ou Leira do Arro, dunha extensión superficial dunhas 18 concas, que linda polo norte con bens da propiedade de Antonio Freire e ó leste con outros da propiedade de José Mª de Guimarey, sito o dito labradío no lugar da Barca do concello de Padrón».

No citado expediente acordouse cita-las persoas ignoradas ás que puidese prexudica-la inmatriculación do predio, co fin de que dentro dos dez días seguintes poidan comparecer perante este xulgado sito na rúa Tetuán, s/n, para alega-lo que ó seu dereito conveña.

Dado en Padrón o vinteoito de maio de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria

Rubricado

4266