Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 12 de xullo de 1996 Páx. 6.816

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

PRESIDENCIA

DECRETO 275/1996, do 27 de xuño, polo que se acorda conceder medallas ó mérito, placas e diplomas de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia, relativas ó ano 1995.

Examinado o expediente de concesión de medallas ó mérito, placas e diplomas de protección civil desta Comunidade Autónoma, relativas ó ano 1995, e de conformidade coa proposta formulada pola comisión avaliadora prevista no artigo 16 da orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 22 de abril de 1994,

DISPOÑO:

Primeiro.-Concederlle a Miguel Ángel Martínez Lorenzo, a título póstumo, a medalla ó mérito de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia, na categoría de ouro.

Segundo.-Declarar deserta a concesión da medalla ó mérito de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia, na categoría de prata.

Terceiro.-Concederlle á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Serra de Outes a placa de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto.-Concederlle á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Mariña Lucense a placa de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia.

Quinto.-Concederlle á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Mancomunidade Navea-Bibei a placa de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia.

Sexto.-Concederlle á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vigo a placa de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia.

Sétimo.-Concederlle á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Grove a placa de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, vintesete de xuño de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

5110