Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 12 de xullo de 1996 Páx. 6.817

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 18 de xuño de 1996 pola que se establecen os postos de traballo docentes dos centros de educación infantil, educación infantil e primaria, así como as vacantes do primeiro ciclo de educación secundaria obrigatoria nos institutos de educación secundaria que corresponde prover por funcionarios do corpo de mestres.

Detectados erros na orde que se indica publicada no DOG do 21 de xuño de 1996, cómpre efectua-las correspondentes rectificacións:

Así, na páxina 6.102, onde di: «Concello: Betanzos. Colexio: de Educación Infantil e Primaria Francisco Vales Villamarín. Unidades, total 34», debe dicir: «Unidades, total: 44».

Na páxina 6.138, onde di: «Concello: Ferrol. Instituto de Educación Secundaria Caranza: código 15006778. Total unidades do 1º e 2º ciclo da ESO, 8, postos de traballo para funcionarios do corpo de mestres no 1º ciclo da ESO: LG, 1; LC, 1; FI, 1; CS, 1; MT, 1; CN, 1; PT, 1; total, 7.», debe suprimirse na súa totalidade.

5106