Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 10 de xullo de 1996 Páx. 6.777

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 1996, da Dirección Xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural, pola que se comunica a apertura do prazo de presentación de proxectos que desexen acollerse ó Programa de Desenvolvemento e Diversificación Económica de Zonas Rurais (Proder).

A Comisión das Comunidades Europeas, con data do 24 de xuño do presente ano, aprobou o Programa Operativo de Desenvolvemento e Diversificación

Económica de Zonas Rurais de España (PRODER), concibido como plurifondo e plurirrexional e ó amparo do cal se poden presentar programas locais de desenvolvemento e diversificación económinca que poidan acceder a subvencións procedentes dos fondos estructurais europeos, así como dos procedentes das Administracións nacionais.

No referente ó Subprograma de Galicia, tales programas de desenvolvemento e diversificación económica quedan limitados ás seguintes medidas:

-Valorización do patrimonio rural. Renovación e desenvolvemento de núcleos de poboación sen predominio da actividade agraria.

-Investimentos turísticos no espacio rural: agroturismo.

-Investimentos turísticos no espacio rural: turismo local.

-Fomento de pequenas empresas, actividades artesanais e de servicios.

-Servicios nas empresas rurais.

O financiamento previsto para o Subprograma de Galicia é de 7.600 millóns de ptas., está previsto que a contribución pública máxima sexa de 5.473 millón que se distribúen da seguinte maneira:

Contribución públicaMillóns de pesetas

Fondos estructurais U.E. (FEOGA-O; FEDER)3.815
Administración central129
Xunta de Galicia714
Administración local815

O Programa Operativo (PRODER) concíbese como un esforzo para desenvolver e diversifica-la economía do medio rural promovido polos propios axentes sociais e económicos do medio rural, que son, á súa vez, executores dos programas locais de desenvolvemento e diversificación económica da zona.

Considéranse como promotores idóneos para a execución destas accións:

-Administracións públicas, locais ou organismos ou sociedades de promoción dependentes delas.

-Iniciativas locais público-privadas ou privadas da zona rural.

-Oficinas e órganos comarcais da Comunidade Autónoma.

Os promotores, sexan públicos, privados o mixtos, elaborarán un programa integrado de desenvolvemento e diversificación da actividade económica que contempla unicamente as medidas recollidas no Subprograma de Galicia, total ou parcialmente, pero que deberá contemplar necesariamente os seguintes aspectos:

1) Definición dunha zona homoxénea, para poder instrumentalizar unha estratexia coherente e un programa realista.

2) Definición de obxectivos, e a súa correspondencia cos obxectivos xerais do programa, criterios de selec

ción dos proxectos individuais en relación cos ditos obxectivos. Cuantificación das metas que se pretenden acadar.

3) Un plan estratéxico, elaborado con participación da poboación e dos axentes locais, que debe incluír un diagnóstico adecuado do territorio, a delimitación de potencialidades, cun inventario de recursos dispoñibles, e unha estratexia para desenvolver.

En virtude do anteriormente exposto, esta dirección xeral,

RESOLVE:

1.-Abri-lo prazo de presentación de solicitudes para acollerse ó Programa Operativo PRODER, que se iniciará a partir do día seguinte á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia. As ditas solicitudes serán dirixidas á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes- Dirección Xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural- por calquera dos medios previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2.-Os proxectos que desexen acollerse ó Programa de Desenvolvemento e Diversificación económica de zonas rurais (PRODER) deberán comprender.

-Documentación que defina ó promotor.

-Proxecto local de desenvolvemento e diversificación económica da zona no que se reúnan os aspectos sinalados na parte expositiva da presente resolución.

-Certificación dos acordos tomados polo órgano competente da Administración local polo que se compromete a achega-lo financiamento que se recolla no plan financeiro do programa.

-Nomeamento do responsable económico-financeiro de carácter público.

3.-Na selección de proxectos considerarán os seguintes criterios:

-Limitacións derivadas da declaración de parques, áreas naturais protexidas, etc.

-Limitacións topográficas.

-Avellentamento da poboación.

-Renda municipal.

-Índice de despoboamento.

-Viabilidade dos proxectos.

-Nivel participativo da poboación.

-Capacidade administrativa e de xestión do promotor.

4.-A regulación normativa do réxime de axudas relativo ó Programa de Desenvolvemento e Diversificación Económica de Zonas Rurais (PRODER), estará á disposición dos interesados na Dirección Xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural (c/San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

5.-O prazo de presentación de solicitudes e documentación rematará o día 20 de setembro de 1996.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 1996.

Angel Ligero Fraile de Tejada

Director xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural

5184