Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 10 de xullo de 1996 Páx. 6.777

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 26 xuño 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, sobre constitución das sociedades agrarias de transformación que se citan.

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta secretaría xeral e para xeral coñecemento, acórdase publica-la relación da sociedade agraria de transformación, constituída conforme ó Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto e á orde da Consellería de Agricultura do 29 de abril de 1988, inscrita no Rexistro de SS.AA.TT. de Galicia, así como as constitucións que se citan.

A sociedade agraria de transformación Graña de Sevil S.A.T. nº 929 XUGA, de responsabilidade limitada, con domicilio en: Graña, 1-Santa Xia-Monfero (A Coruña), obxecto social: «explotación en común de terras e gando vacún e comercialización»; capital social: 9.000.000 de ptas.; nº de socios: 3.

A sociedade agraria de transformación Apóstos Santiago S.A.T. nº 930 XUGA, de responsabilidade limitada, con domicilio en: Raviña, 16-San Miguel de Cerceda-O Pino (A Coruña), obxecto social: «explotación en común de tierras y ganados»; capital social: 600.000 ptas.; nº de socios 3.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 1996.

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Ganadería e Montes

5170