Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 10 de xullo de 1996 Páx. 6.779

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 1996, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia o concurso público polo procedemento aberto, trámite de urxencia, para a contratación das obras de aplicación da norma básica NBE-CPI-91 e Regulamento de instalacións de protección contra incendios nas residencias da terceira idade da Pobra de Trives e Viana do Bolo.

A Delegación Provincial da Consellería de Sanidade y Servicios Sociais, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso público para a contratación das obras:

-Obra: aplicación da norma básica NBE-CPI-91 e Regulamento de instalacións e protección contra incendios na residencia da terceira idade da Pobra de Trives.

-Número de expediente: 5/96

-Orzamento de contrata: 7.345.732 ptas.

-Prazo de execución: 2 (dous) meses.

-Garantía provisional: 146.915 ptas.

-Garantía definitiva: 293.829 ptas.

-Forma de tramitación: urxente.

-Variantes ó proxecto: non se admiten.

-Obra: aplicación da norma básica NBE-CPI- 91 e Regulamento de instalacións de protección contra incendios na residencia da terceira idade de Viana do Bolo.

-Número de expediente: 6/96

-Orzamento de contrata: 7.421.348 ptas.

-Prazo de execución: 2 (dous) meses.

-Garantías provisional: 148.427 ptas.

-Garantía definitiva: 296.854 ptas.

-Forma de tramitación: urxente.

-Variantes ó proxecto: non se admiten.

Exposición da documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares poderán examinarse no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (edificio administrativo San Caetano) e no rexistro xeral das delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

As proposicións económicas axustaranse ó modelo establecido que figura unido ós pregos de cláusulas administrativas particulares.

Lugar: a presentación de proposicións farase no rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Ourense, sita na Avda. de Zamora nº 13, de 9 a 14 horas, en sobres pechados ou por correo na forma indicada no artígo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Data límite de presentación: 13 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

Documentación que integrarán as proposicións: a que se indica no apartado 8 dos pregos de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposiciones: será realizada pola mesa de contratación na Avda. Zamora nº 13 de Ourense, ás 10 horas do quinto día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicióons. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Gastos do anuncio: serán por conta dos adxudicatarios dos contratos.

Ourense, 26 de xuño de 1996.

Alberto Escobar Veiga

Delegado provincial de Ourense

5169