Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 10 de xullo de 1996 Páx. 6.779

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 1996, da Delegación Territorial de Lugo, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación da subministración de dous vehículos todo terreo con destino ós seus servicios.

A Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Celeiro-Viveiro, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso que a seguir se cita:

1. Obxecto: subministración de dous vehículos todo terreo.

2. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto, trámite de urxencia.

3. Prazo de execución: un mes desde a data da sinatura do contrato sen prexuízo do establecido no artigo 72.2.C da Lei 13/1995, do 18 de maio.

4. Orzamento máximo de contrato: cinco millóns cincocentas mil pesetas (5.500.000 ptas. con IVE incluído).

5. Garantía provisional: cento dez mil pesetas (110.000 ptas.).

6. Obtención de documentación e información: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán á disposición dos interesados para o seu exame:

-Na Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura, complexo administrativo San Caetano, Santiago de Compostela.

-Na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura na Coruña. R/ Ramón y Cajal, nº 1 - Casa do Mar, 5ª planta. 15006 A Coruña. Tlfno: 18 20 01. Fax: 18 20 27.

-Na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo (Pontevedra). R/ Palma, 4. 36202 Vigo. Tlfno: 81 71 09. Fax: 81 71 02.

-Na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Celeiro-Viveiro (Lugo): Avda. Ramón Canosa s/n. 27863 Celeiro-Viveiro. Tlfno: 55 17 69. Fax: 55 17 68.

Tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas, ata o último día de presentación das proposicións.

7. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación: no rexistro da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Celeiro (Avda. Ramón Canosa s/n 27863 Celeiro-Viveiro (Lugo)) ou por calquera dos modos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado, no prazo de trece días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario oficial de Galicia.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (982-55 17 68) ou telegrama, no mesmo día.

8. Documentación que deben presenta-los licitadores: o que se indica na cláusula 5ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura das ofertas: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público, na sala de xuntas da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Celeiro -Viveiro (Avda. Ramón Canosa, s/n 27863 Celeiro-Viveiro (Lugo)), ás 12 horas do primeiro día hábil no que se cumpran tres días naturais, contados desde a data seguinte ó remate do prazo de presentación de ofertas. De coincidir en sabado, a apertura será ó seguinte día hábil.

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Celeiro-Viveiro, 2 de xullo de 1996.

Enrique Rodríguez González

Delegado territorial de Lugo

5038