Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 10 de xullo de 1996 Páx. 6.780

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 1996, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos do sindicado Asociación Gallega de Psicólogos Internos Residentes.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e estatutos do sindicato Asociación Gallega de Psicólogos Internos Residentes, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer ó dito sindicato tódolos psicólogos que se forman ou se formaron pola vía PIR que exerzan na Comunidade Autónoma de Galicia.

Asinan a acta de constitución: Jorge García Fernández e catro persoas máis.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 1996.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

5058