Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 10 de xullo de 1996 Páx. 6.780

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, pola que se fai pública a adxudicación dun contrato de servicios por concurso público, mediante procedemento aberto e trámite de urxencia.

En cumprimento do disposto nos artigos 94 da Lei de contratos das administracións públicas e 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, de desenvolvemento parcial da dita lei, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de servicios:

1. Entidade adxudicadora:

a) Oraganismo: Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que trámita o expediente: secretaría xeral.

c) Nº de expediente: 3/1996.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servicios.

b) Descrición do obxecto: restauración e limpeza das instalacións do campamento xuvenil da Illa de Ons (Pontevedra).

c) Boletón ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG 12-4-1996.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 1.600 ptas./praza/día, co IVE engadido.

5. Adxudicación:

a) Data: 9-5-1996.

b) Contratista: SERUNIÓN, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 1.280 ptas./praza/día, co IVE engadido.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 1996.

P.D. (Orde de 15-12-1993)

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude