Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 10 de xullo de 1996 Páx. 6.772

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 01/0000822/96 interposto por Videlba, Sociedad Cooperativa Limitada.

O 29 de maio de 1996, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria recibe da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo nº 01/0000822/96, interposto por Videlba, Sociedad Cooperativa Limitada contra resolución da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 14 de marzo, na que se desestima a solicitude de autoriza-lo funcionamento dunha 2ª unidade de 1º de Educación Primaria, para o curso 1996-1997.

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artígo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento, e se emprazan para que poidan comparecer en autos na sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 1996.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

5009