Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 10 de xullo de 1996 Páx. 6.772

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 1996 pola que se corrixen erros advertidos na Resolución do 5 de marzo de 1996 (DOG do 25 de marzo) pola que se fai pública a composición das comisións para a provisión de prazas de corpos docentes universitarios.

Advertidos erros no anexo I da resolución desta universidade do 5 de marzo de 1996 (DOG do 25

de marzo) pola que se fai pública a composición das comisións para a provisión de prazas de corpos docentes universitarios, este rectorado ó amparo do previsto no artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, procede a súa rectificación nos seguintes termos:

Praza número: 95/037, onde di: «Manuel Morquilla Hortiguela, profesor titular de escola universitaria, universidade de Valladolid», debe dicir: «Manuel Morquilla Hortiguela, profesor titular de escola universitaria, universidade de Burgos».

A Coruña, 21 de xuño de 1996.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

4979