Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 10 de xullo de 1996 Páx. 6.771

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 17 de xuño de 1996 pola que se resolve a convocatoria de axudas económicas para a realización de actividades de formación dirixidas ó profesorado de niveis non universitarios e organizadas polos movementos de renovación pedagóxica.

Por Orde do 7 de febreiro de 1996 (DOG do 22 de marzo) a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocou axudas económicas para a realización de actividades de formación dirixidas ó profesorado de niveis non universitarios da Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 1996 e organizadas polos movementos de renovación pedagóxica.

Vista a proposta formulada pola comisión de selección, e de conformidade coa base 10 da convocatoria,

RESOLVO:

1. Concederlles, con cargo á aplicación orzamentaria 07.03.3221.480.0. as axudas que se relacionan no anexo desta orde.

2. O pagamento das axudas económicas farase, unha vez feita a debida xustitifación, que se deberá realizar ata o 10 de outubro para as actividades que finalicen ata o 30 de setembro incluído, e ata o 10 de decembro de 1996 para as actividades realizadas entre o 1 de outubro e o 9 de decembro incluídos.

3. Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 1996.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Nova Escola Galega:

1ª Actividade de escola de verán: 700.000 ptas.

2ª Actividade de escola de verán: 300.000 ptas.

3ª Actividade de escola de verán: 100.000 ptas.

Actividades ó longo do ano: 342.857 ptas.

ASPGP-Asociación Socio-Pedagóxica Galaico-Portuguesa:

1ª Actividade de escola de verán: 700.000 ptas.

2ª Actividade de escola de verán: 300.000 ptas.

3ª Actividade de escola de verán: 100.000 ptas.

Actividades ó longo do ano: 342.857 ptas.

APJEGP-Asociación Pedagóxica Xornadas do Ensino de Galiza e Portugal:

1ª Actividade de escola de verán: 700.000 ptas.

2ª Actividade de escola de verán: 300.000 ptas.

3ª Actividade de escola de verán: 100.000 ptas.

Actividades ó longo do ano: 342.857 ptas.

Escola Viva:

1ª Actividade de escola de verán: 700.000 ptas.

2ª Actividade de escola de verán: 300.000 ptas.

3ª Actividade de escola de verán: 100.000 ptas.

Actividades ó longo do ano: 342.857 ptas.

Universidade Popular. Escola de Verán de Corcubión:

1ª Actividade de escola de verán: 400.000 ptas.

Actividades ó longo do ano: 342.857 ptas.

AS-PG-Asociación Socio-Pedagóxica Galega:

1ª Actividade de escola de verán: 700.000 ptas.

2ª Actividade de escola de verán: 300.000 ptas.

3ª Actividade de escola de verán: 100.000 ptas.

Actividades ó longo do ano: 342.857 ptas.

AP.IGSP-Asociación Pedagóxica Instituto Galego de Socio-Pedagoxía:

1ª Actividade de escola de verán: 700.000 ptas.

2ª Actividade de escola de verán: 300.000 ptas.

Actividades ó longo do ano: 342.857 ptas.

MRP-Escola de Verán de Lugo:

1ª Actividade de escola de verán: 700.000 ptas.

5046