Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 08 de xullo de 1996 Páx. 6.662

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 1996 de notificación da resolución do procedemento sancionador de montes MV 36/1995 da Coruña.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data resolvo publica-la resolución do procedemento sancionador por infracción da Lei 13/1989, de montes veciñais en man común, por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311.000.166/2 de Caixa Galicia na Coruña, O.P. no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación. Para efectualo deberanse emprega-los impresos normalizados que serán facilitados nesta Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural ou en calquera dos ser

vicios de Montes e Industrias Forestais. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobro pola vía administrativa de constrinximento.

De conformidade co previsto no artigo 109 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 1996.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

ANEXO

-Expediente sancionador nº: MV 36/1995-C.

Artigo infrinxido: 411 do Regulamento de montes.

Contía da sanción: tres mil setecentas cincuenta (3.750) pesetas.

Contía de indemnización: tres mil setecentas cincuenta (3.750) pesetas.

Denunciado: José Rial González.

DNI nº: 33.202.122.

Enderezo: Teaio-Dodro (A Coruña).

5015