Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 08 de xullo de 1996 Páx. 6.662

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución formulada polo instructor, no expediente sancionador de caza C-126/1995.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín

publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrue por infracción da Lei 1/1970, do 4 de abril, de caza, (BOE nº 82 do 6-4-1970), e mais do seu regulamento, aprobado polo Decreto 506/1971, do 25 de marzo (BOE nº 76 do 30-3-1971).

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. De non efectua-lo pagamento voluntario, dispón o interesado dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189 do 9-8-1993).

Lugo, 23 de maio de 1996.

José Ángel Madarro Río

Instructor

ANEXO

-Expediente nº: C-126/1995.

Denunciado: Amable López Fernández.

DNI: 76.541.560.

Enderezo: r/ 18 de xullo, 152-4º.

Feito denunciado: estar en posesión de cartuchos de munición realizando unha batida de caza maior, feitos ocorridos o día 26-11-95 no couto LU-10.042, Armada- Baleira, incumprindo a Orde do 9-10-1995 (DOG do 18-10-1995).

Precepto sancionador: 48.2º 14 do Regulamento de caza.

Cualificación: menos grave.

Sanción: 3.000 ptas. de multa.

4161