Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 08 de xullo de 1996 Páx. 6.663

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 4 de outubro de 1995, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo á iniciación do procedemento de clasificación como veciñais en man común dos montes comunais A Veiga, O Regueiro, A Ponte, A Escusalla, A Senra, A Fontaíña, e Requeixo a favor dos veciños da Veiga, O Regueiro, A Ponte, A Escusalla, A Senra, A Fontaíña e Requeixo, no concello de Pontedeva.

O Xurado Provincial de Montes Veciñais en man común de Ourense acordou, en sesión celebrada en data 4 de outubro de 1995, inicia-lo expediente de clasificación como veciñal en man común do monte monte comunal A Veiga, O Regueiro, A Ponte, A Escusalla, A Senra, A Fontaíña e Requeixo integrado polas parcelas: Penedo do Monte; coto do Marco, Coto da Casiña e Coto de Senra; Cota de Moura e Piñeiros Redondos; Faro, Meixadoiro; Coto da Veiga e Guerreiro, dunha superficie aproximada de 65 ha, pertencente ós veciños da Veiga, O Regueiro, A Ponte, A Escusalla, A Senra, A Fontaíña e Requeixo, no concello de Pontedeva (Ourense), nomeándose instructores do expediente a Abel Carbajales Santaeufemia e Manuel Bouzas Costa; o cal se publica de acordo co establecido no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, (DOG. nº 186, do 23-9-1992) polo que se aproba o regu

lamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Ourense, 4 de outubro de 1995.

Manuel Bouzas Costa

Instructor

5014