Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 08 de xullo de 1996 Páx. 6.663

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 12 de xuño de 1996, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 02/0004917/1996 P, interposto por José Antonio Pérez González.

Con data 27 de maio de 1996, o presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense recibe da Sala do Contencioso-Administrativo sección segunda do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo número 02/0004917/1996 P, interposto por José Antonio Pérez González contra resolución do xurado do catro de outubro de 1995, sobre clasificación do monte denominado Costa de Xurenzás a favor dos veciños dos lugares de Xurenzás e Destro de Xurenzás, da parroquia de Xurenzás, concello de Boborás (Ourense).

En consecuencia, esta presidencia acordou, de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956 reguladora da xurisdicción contencioso - administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento que quedan emprazadas para que poidan presentarse e comparecer en forma nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días.

Ourense, 12 de xuño de 1996.

Jacobo Gómez-Orellana Rodríguez

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

4518