Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 08 de xullo de 1996 Páx. 6.661

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ANUNCIO convocatoria dos representantes dos usos hidroeléctricos e distintos da producción de enerxía hidroeléctrica na sección Galicia Costa da Xunta de Goberno do Organismo Autónomo Augas de Galicia.

O artigo 21 a) do Decreto 108/1996, do 29 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento do organismo autónomo Augas de Galicia, establece a presencia na sección Galicia Costa da Xunta de Goberno de dous (2) vocais representantes dos usos hidroeléctricos e distintos da producción de enerxía hidroeléctrica, un por cada un dos mencionados usos.

Co obxecto de proceder á súa elección, comunícase que nas dependencias do organismo autónomo Augas de Galicia, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, sita nos edificios administrativos de San Caetano s/n, encóntrase o censo provisional dos devanditos usuarios, para que nun prazo de 10 días, se realicen as alegacións que se consideren oportunas e proceder á posterior convocatoria e á elección dos representantes previstos polo xa citado artigo 21 a) do Decreto 108/1996.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 1996.

Emilio García Gallego

Presidente de Augas de Galicia

4160