Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 08 de xullo de 1996 Páx. 6.661

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 1996, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, de notificación da resolución dos procedementos sancionadores de montes 34-C/1995 e 34-D/1995 de Ourense

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notfícaselles ás persoas que

no anexo se mencionan que, con esta data resolvo publica-la resolución do procedemento sancionador por infracción da Lei de montes, do 8 de xuño de 1957, por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 44030/003917-0 de Caixa Ourense, oficina da Torre, rúa Curros Enríquez nº 1 de Ourense, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación. Para facelo deberanse emprega-los impresos normalizados que serán facilitados nesta dirección xeral ou en calquera dos Servicios de Montes e Industrias Forestais. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobro pola vía administrativa de constriximento.

De conformidade co previsto no artigo 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra a presente resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 1996.

Carlos del Álamo Jiménez

Director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural

ANEXO

-Expediente sancionador nº: 34-C/95-OU.

Artigo infrinxido: 432 do Regulamento de montes.

Contía da sanción: trinta e catro mil (34.000) pesetas.

Denunciado: Antonio Seijas Fraga.

DNI nº: 34.523.449.

Enderezo: Carballo-Sta. Eufemia. Celanova (Ourense).

-Expediente sancionador nº: 34-D/95-OU.

Artigo infrinxido: 432 do Regulamento de montes.

Contía da sanción: vinte mil (20.000) pesetas.

Denunciado: Antonio Seijas Fraga.

DNI nº: 34.523.449.

Enderezo: Carballo-Sta. Eufemia. Celanova (Ourense).

4242