Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 08 de xullo de 1996 Páx. 6.660

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (194/1991).

En virtude do acordado nos autos de xuízo verbal civil nº 194/1991, seguidos neste xulgado por instancia de Manuel Otero Espasandín, representado pola procuradora Sánchez Silva, contra José Fuentes Mansilla, declarado en rebeldía procesual, e Consorcio de Compensación de Seguros, sobre reclamación de cantidade por danos ocasionados en accidente de tráfico, e, en cumprimento do ordenado pola sección quinta da Audiencia Provincial da Coruña, faise saber que nos referidos autos foi dictada polo devandito tribunal a sentencia, que ten o encabezamento e parte dispositiva do seguinte teor literal seguinte:

Sentencia. Na Coruña o dezanove de decembro de mil novecentos noventa e cinco. No recurso de apelación interposto contra a sentencia dictada polo Xulgado de Primeira Instancia número tres de Santiago de Compostela en xuízo verbal civil nº 194/1991, sobre reclamación de cantidade, figurando como demandante-apelado, Manuel Orrero Espasandín, e, sendo parte demandada-apelante, o Consorcio de Compensación de Seguros e, en rebeldía, José Fuentes Mansilla.

Resolvo que, estimando, en parte, o recurso de apelación interposto contra a sentencia dictada pola maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, nos autos de xuízo verbal a que se refire a presente peza, revógase a dita resolución no único extremo de que a condena solidaria do codemandado Consorcio de Compensación e Seguros se estende á cantidade de catrocentas noventa e unha mil corenta e sete pesetas, debendo paga-las setenta mil pesetas restantes, exclusivamente, o tamén demandado José Fuentes Mansilla; no demais, confírmase a mencionada sentencia e non se formula especial pronunciamento sobre as custas desta alzada.

E para que conste e para efectos da súa publicación no taboleiro de anuncios deste xulgado e no Diario Oficial de Galicia, para que lle sirva de notificación en legal forma ó demandado, en ignorado paradoiro, José Fuentes Mansilla, que tivo o

seu último domicilio coñecido en Santa Isabel, nº 9, Santiago de Compostela, expido e asino esta cédula en Santiago de Compostela o once de abril de mil novecentos noventa e seis.

Francisco Castiñeiras Fernández

Secretario xudicial

5157