Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 08 de xullo de 1996 Páx. 6.660

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 1996, pola que se fai pública a designación das comisións que resolverán os concursos a prazas de profesorado desta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo R.D. 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e celebrado o sorteo establecido no artigo 6.6º do dito real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes,

Este rectorado fai pública a composición das comisións que resolverán os concursos para a provisión de prazas de profesorado desta universidade, convocados por Resolución da Universidade de Santiago do 19 de xuño de 1995 (BOE do 18 de xullo de 1995) e que son as que se relacionan como anexos a esta resolución.

As ditas comisións deberanse constituír nun prazo non superior a catro meses, que se contarán desde a publicación da presente resolución no BOE.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade, no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

F. Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Praza de: catedrático de escola universitaria.

Área de coñecemento: enfermería.

Praza nº: 1323/95

Comisión titular.

Presidente: Rafael Tojo Sierra; catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal secretario: José Ramón Rodríguez Suárez; CEU. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal 1º: Mariano Toro Rojas; catedrático de universidade. Universidade de Córdoba.

Vocal 2º: Ildefonso González Barrios; catedrático de escola universitaria. Universidade de Córdoba.

Vocal 3º: Pedro Abreu González; catedrático de escola universitaria. Universidade de la Laguna.

Comisión suplente.

Presidente: Manuel Castro Gago; catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal secretario: José Manuel Mayán Santos; catedrático de escola universitaria. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal 1º: Carlos Pera Madrazo; catedrático de universidade. Universidade de Córdoba.

Vocal 2º: Santiago Pellejero Altuna; catedrático de escola universitaria. Universidade de Zaragoza.

Vocal 3º: Juan Francisco Sánchez Alonso; catedrático de escola universitaria. Universidade Complutense de Madrid.

4082