Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 08 de xullo de 1996 Páx. 6.655

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 1996 pola que se convoca concurso público para a provisión de diversas prazas de corpos docentes universitarios (praza número 96/024 e once máis).

De conformidade co establecido no artigo 38.2º da Lei 11/1983, do 25 de agosto, e o artigo 2.4º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (BOE do 26 de outubro), polo que se regulan os concursos para a provisión de prazas de corpos docentes universitarios, este rectorado resolveu convocar concurso para a provisión das prazas que se relacionan no anexo I da presente resolución, de acordo coas seguintes bases:

Primeira.-Os ditos concursos rexeranse polo disposto na Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto (BOE do 1 de setembro); Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (BOE do 26 de outubro), corrixido parcialmente polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño; Orde do 28 de decembro de 1984 (BOE do 16 de xaneiro de 1985), e, no non previsto, pola lexislación xeral de funcionarios civís do Estado, e tramitaranse independentemente para cada unha das prazas convocadas.

Segunda.-Para ser admitido ós ditos concursos cómpren os seguintes requisitos xerais:

a) Ser español, non obstante, poderán participar en idénticas condicións cós españois:

Os nacionais dos demais estados membros da Unión Europea, logo de acreditación da nacionalidade conforme o disposto na Lei 17/1993, do 23 de decembro, sobre o acceso a determinados sectores da función pública dos nacionais dos demais estados membros da Unión Europea e demais normativa de desenvolvemento.

Logo de acreditación, os nacionais daqueles estados nos que en virtude de tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España lles sexa aplicable a libre circulación de traballadores nos termos en que esta está definida no Tratado Constitutivo da Unión Europea.

b) Ter cumpridos dezaoito anos e non ter cumpridos os setenta.

c) Non ter sido separado, por expediente disciplinario, do servicio da Administración do Estado ou da Administración autonómica, institucional ou local, nin estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

d) Non padecer enfermidade nin defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento das funcións correspondentes a profesor de universidade.

Terceira.-Deberán reunir, ademais, as condicións específicas que se sinalan no artigo 4.1º ou 2º, do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, segundo a categoría das prazas e a clase do concurso e, se é o caso, titulación suficiente debidamente recoñecida polo Ministerio de Educación e Ciencia para o exercicio profesional en España como profesor universitario.

Cando, estando en posesión do título de doutor, se concorra a prazas de catedrático de universidade, de acordo co previsto no artigo 4.1º c) do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, e non se pertenza a ningún dos corpos que nel se sinalan, os interesados deberán acredita-lo feito de seren eximidos de tales requisitos.

Non poderá concursar ás prazas de profesor titular de universidade quen estivese contratado durante máis de dous anos como axudante desta universidade, coas excepcións previstas no artigo 37.4º da Lei 11/1983, do 25 de agosto (Boletín Oficial del Estado do 1 de setembro), de reforma universitaria.

Cuarta.-Os que desexen tomar parte neste concurso remitiranlle a correspondente solicitude ó rector da Universidade da Coruña por calquera dos procedementos establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), no prazo de vinte días hábiles a partir do día seguinte a aquel no que teña lugar a publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado mediante instancia, segundo o modelo do anexo II debidamente cuberto, xunto cos documentos que acrediten reuni-los requisitos para participar no concurso. A concorrencia dos ditos requisitos deberá estar referida sempre a unha data anterior á de expiración do prazo fixado para solicita-la participación no concurso.

Os aspirantes deberán xustifica-lo aboamento na conta corrente 17957982, concursos-oposicións, Caixa Postal, oficina principal da Coruña, da cantidade de 9.180 pesetas por dereitos de inscrición, xuntando á solicitude o resgardo acreditativo do impreso.

Quinta.-Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o rector da universidade, por calquera dos procedementos establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), remitiralle a tódolos aspirantes unha relación completa de

admitidos e excluídos, con indicación das causas da exclusión. Contra a dita resolución os interesados poderán presentar unha reclamación perante o rector no prazo de quince días hábiles contados desde o seguinte ó da notificación da relación de admitidos e excluídos.

Sexta.-O presidente da comisión, dentro do prazo habilitado regulamentariamente para a constitución, dictará unha resolución que lles deberá ser notificada a tódolos interesados cunha anticipación mínima de 15 días naturais respecto da data do acto para o que son citados, convocando a:

a) Tódolos membros titulares da comisión e, se é o caso, os suplentes necesarios para efectua-lo acto de constitución daquela.

b) Tódolos aspirantes admitidos a participar no concurso, para realizaren o acto de presentación dos concursantes e con fixación do día, hora e lugar de celebración do dito acto.

Sétima.-No acto de presentación os concursantes entregaranlle ó presidente da comisión a documentación sinalada nos artigos 9 e 10 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, corrixido polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, se é o caso, segundo se trate de concurso ou concurso de méritos.

Oitava.-Os candidatos propostos para a provisión das prazas deberán presentar na secretaría xeral da universidade, no prazo dos quince días hábiles seguintes ó de concluí-la actuación da comisión, os seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada do documento nacional de identidade ou documento equivalente de ser nacional dun Estado membro da Unión Europea.

b) Certificación médica oficial de non padecer enfermidade nin defecto físico ou psíquico que impida o desempeño das funcións correspondentes a profesor de universidade, expedida pola dirección provincial ou consellería, segundo proceda, competentes en materia de sanidade.

c) Declaración de que non foi separado da Administración do Estado, institucional ou local, nin das administracións das comunidades autónomas, en virtude de expediente disciplinario, e non atoparse inhabilitado para o exercicio da función pública.

Os que tivesen a condición de funcionarios públicos de carreira estarán exentos de xustificar tales documentos e requisitos, e deberán presentar unha certificación do ministerio ou organismo do que dependan, acreditativa da súa condición de funcionarios e cantas circunstancias consten na súa folla de servicios.

A Coruña, 7 de xuño de 1996.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO I

-Praza número: 96/024.

Número de prazas: 1.

Corpo: catedrático de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: dereito constitucional.

Departamento ó que está adscrita: Dereito Público.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia dereito constitucional. Dereito estatutario de Galicia.

Clase de convocatoria: concurso.

-Praza número: 96/025.

Número de prazas: 1.

Corpo: catedrático de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: construcciones arquitectónicas.

Departamento ó que está adscrita: Construcciones Arquitectónicas.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en construcción IV.

Clase de convocatoria: concurso.

-Praza número: 96/026.

Número de prazas: 1.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: enxeñería eléctrica.

Departamento ó que está adscrita: Enxeñería Industrial.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en electrotécnica e máquinas eléctricas.

Clase de convocatoria: concurso.

-Praza número: 96/027.

Número de prazas: 1.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: matemática aplicada.

Departamento ó que está adscrita: Matemáticas.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en cálculo na escola politécnica superior de Ferrol.

Clase de convocatoria: concurso.

-Praza número: 96/028.

Número de prazas: 1.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: bioloxía animal.

Departamento ó que está adscrita: Bioloxía Animal, Biol. Vexetal e Ecoloxía.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en materias da área.

Clase de convocatoria: concurso.

-Praza número: 96/029.

Número de prazas: 1.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: química inorgánica.

Departamento ó que está adscrita: Química Fundamental e Industrial.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en materias da área.

Clase de convocatoria: concurso.

-Praza número: 96/030.

Número de prazas: 1.

Corpo: profesor titular de escola universitaria.

Área de coñecemento á que corresponde: enxeñería de sistemas e automática.

Departamento ó que está adscrita: Enxeñería Industrial.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia enxeñería sistemas e computadores e Automatiz. industrial.

Clase de convocatoria: concurso.

-Praza número: 96/031.

Número de prazas: 1.

Corpo: profesor titular de escola universitaria.

Área de coñecemento á que corresponde: enxeñería eléctrica.

Departamento ó que está adscrita: Enxeñería Eléctrica.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia teoría de circuitos e sistemas eléctricos.

Clase de convocatoria: concurso.

-Praza número: 96/032.

Número de prazas: 1.

Corpo: profesor titular de escola universitaria.

Área de coñecemento á que corresponde: expresión gráfica da enxeñería.

Departamento ó que está adscrita: Enxeñería industrial.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia debuxo. Técnicas representación e deseño asistido ordenador.

Clase de convocatoria: concurso.

-Praza número: 96/033.

Número de prazas: 1.

Corpo: profesor titular de escola universitaria.

Área de coñecemento á que corresponde: enxeñería de sistemas e automática.

Departamento ó que está adscrita: Enxeñería Industrial.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en programación, calculadoras e programación.

Clase de convocatoria: concurso.

-Praza número: 96/034.

Número de prazas: 1.

Corpo: profesor titular de escola universitaria.

Área de coñecemento á que corresponde: construccións navais.

Departamento ó que está adscrita: Construccións Navais.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en máquinas mariñas y auxiliares. Termotécnica.

Clase de convocatoria: concurso.

-Praza número: 96/035.

Número de prazas: 1.

Corpo: profesor titular de escola universitaria.

Área de coñecemento á que corresponde: fisioterapia.

Departamento ó que está adscrita: Ciencias da saúde I.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en fisioterapia II.

Clase de convocatoria: concurso.

4980