Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 05 de xullo de 1996 Páx. 6.638

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (420/1993-01).

Eu, Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número 1 de Santiago de Compostela e o seu partido, fago saber:

Que neste xulgado se seguen autos de xuízo executivo 420/1993, por instancia de Caixa de Aforros de Galicia, representada pola procuradora Sra. Losada Gómez, contra Loufi, S.A., José Luis Fidalgo Fidalgo, José Miguel Louzao Reymóndez, María del Carmen Otero Remesar, nos que por resolución do día da data se acordou sacar á venda en pública poxa, por primeira vez e polo termo de vinte días, e polo tipo de valoración que se dirá, os seguintes bens:

Primeiro lote: predio situado no sitio de Chouza, parroquia de San Miguel de Castro, concello da Estrada; é a número 627 do plano xeral de concentración parcelaria da zona de San Miguel de Castro. Terreo dedicado a prado e monte, de 24 áreas e 80 centiáreas. Inscrita no Rexistro da Propiedade da Estrada, no folio 127, libro 352, tomo 455, predio número 45.674.

O dito predio foi valorado nun millón cento dezaseis mil pesetas (1.116.000 ptas.)

Segundo lote: predio sito no sitio de Salido, parroquia de San Miguel de Castro, concello da Estrada. É o número 600 do plano xeral de concentración parcelaria da zona de San Miguel de Castro. Ten unha superficie de 1 hectárea, 26 áreas e 70 centiáreas. Inscrita no Rexistro da Propiedade da Estrada, no folio 100, libro 352, tomo 455, predio número 45.647.

O dito predio foi valorado na suma de nove millóns trescentas trinta e cinco mil cincocentas pesetas (9.335.500 ptas.).

Terceiro lote: urbana, Cortiña de Benade, no termo da parroquia de San Salvador de Muxa, concello de Lugo, de medida aproximadamente, segundo o título, 40 áreas, pero segundo recente medición dá unhas 60 áreas.

Sobre este predio estase construíndo unha vivenda unifamiliar sita en San Salvador de Muxa, composta por planta soto cunha superficie útil de 36,15 metros cadrados, destinada a adegas, de planta baixa, que ocupa unha superficie útil de 270,73 metros cadrados e de planta primeira, que ocupa unha superficie útil de 154,70 metros cadrados e de espacio baixo

cuberta, que ocupa unha superficie útil de 50,90 metros cadrados.

Inscrita no Rexistro da Propiedade número un de Lugo, no tomo 1.040, libro 601, folio 43, predio 55.369-N.

O dito predio foi valorado en corenta e dous millóns seiscentas cincuenta mil pesetas (42.650.000 ptas.)

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sito no polígono das Fontiñas, rúa Viena s/n desta cidade, o día vinteseis de setembro ás doce horas, baixo as seguintes condicións:

Primeira: nos remates non se admitirán ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da valoración.

Segunda: para tomar parte na poxa deberán os licitadores consignar previamente, no establecemento destinado para o efecto, unha cantidade igual, polo menos, ó 20% efectivo do valor dos bens que sirva de tipo para a poxa, requisito sen o cal non serán admitidos.

Terceira: só o executante poderá facer oferta en calidade de cederlle o remate a un terceiro.

Cuarta: en tódalas poxas, desde o anuncio ata a súa celebración, poderán facerse ofertas por escrito en prego pechado, depositando na mesa do xulgado xunto a aquel, o importe da consignación.

Quinta: que, por instancia do demandante, se sacan os bens a pública poxa sen suplir previamente a falta de títulos.

Sexta: que as cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do demandante, continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na súa responsabilidade, sen que se destine á súa extinción o prezo do remate.

En prevención de que non houbese ofertantes na primeira poxa, sinálase para a segunda, con rebaixa do 25% do tipo da primeira, o día vinteoito de outubro ás doce horas, debendo consignar previamente o 20% do tipo desta segunda poxa; sinálase para a terceira o día vintesete de novembro, ás doce horas, sen suxeición a tipo, debendo consignarse previamente o 20% do tipo da segunda poxa.

Santiago de Compostela, catro de xuño de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

4956