Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 05 de xullo de 1996 Páx. 6.639

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 96/250, R.C.I. 8089).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da entidade mercantil Paquito, S.L., co enderezo en Boiro, lugar de Careixo, Esteiro, s/n (A Coruña), para a autorización administrativa da instalación que segue:

-Sistema de coxeración composto por un grupo motor-xerador de 4.593 kVA, empregándose como combustible fuel oil e tendo como obxectivo o aproveitamento simultáneo de calor e electricidade.

-C.T. de 5.000 kVA, relación de transformación 20/6 kV.

-Lugar onde se vai establece-la instalación: factoría da empresa no concello de Boiro, lugar de Careixo, Esteiro (A Coruña).

-Orzamento: 230.289.000 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo de Monelos, 15701 A Coruña.

A Coruña, 6 de xuño de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

4870