Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 05 de xullo de 1996 Páx. 6.639

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 1996, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia a licitación da asistencia técnica 3/1996, mediante o sistema de concurso, procedemento aberto.

A Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes en Ourense resolve convoca-la seguinte licitación de asistencias técnicas polo sistema de concurso, procedemento aberto.

1. Obxecto: contratación de asistencia técnica para a redacción dos proxectos ou execución dos traballos que figuran na relación, de acordo coas bases e os pregos aprobados para iso.

O orzamento, prazo de execución e clasificación dos contratistas serán os que se sinalan na relación.

2. Fianza provisional: exenta.

3. Exposición de documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, como tamén o correspondente proxecto de cada un dos servicios técnicos que se relacionan, estarán a disposición dos licitadores para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións de 9 horas a 14 horas no Servicio de Contratación da Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes en Ourense, rúa do Progreso 161, entresollado.

4. Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación deste anuncio e rematará ás 12 horas do vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación, que non cadre en sábado.

5. Lugar de presentación de proposicións: o rexistro da delegación provincial no lugar antes citado e na forma legalmente establecida (artigo 100 R.X.C.).

6. Documentación que teñen que presenta-los licitadores: a que se sinala nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

7. Apertura de proposicións: ás 10 horas do undécimo día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, que non cadre en sábado.

8. Gastos de publicación: por conta dos adxudicatarios.

Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios sobre preparación do acordo de concentración parcelaria na zona de Doniz (Concello de Cartelle-Ourense).

AC-2220 ES/OUR-96.08

Orzamento: 1.373.389 pesetas.

Prazo de execución: seis (6) meses.

Clasificación: non se precisa.

Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a realizacion dos estudios sobre preparacion do acordo de concentración parcelaria na zona de Porqueiros (concello de Muíños-Ourense).

AC-2216 ES/OUR-96-09

Orzamento: 2.200.731 pesetas.

Prazo de execución: seis (6) meses.

Clasificación: non se precisa.

Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para o replanteo dos novos predios resultantes da concentración parcelaria da zona de Paizás (Concello de Ramirás-Ourense).

RF-2255 ES/OUR-96.12

Orzamento: 8.282.400 pesetas.

Prazo de execución: doce (12) meses.

Clasificación: non se precisa.

Ourense, 11 de xuño de 1996.

Jacobo Gómez- Orellana Rodríguez

Delegado provincial de Ourense

5083