Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 05 de xullo de 1996 Páx. 6.640

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 1996, da Dirección Xerencia do Hospital Montecelo, pola que se anuncia o concurso público para a contratación do servicio de limpeza dos conductos de aire acondicionado dos locais cirúrxicos da 1ª e 2ª planta do Hospital Montecelo para mellora de instalacións e actualización normativa, polo procedemento aberto e trámite de urxencia (expediente 27/1996).

A Dirección Xerencia do Hosopital Montecelo en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde de 22 de maio de 1996 (DOG do 6 de xuño de 1996), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais convoca o concurso público número 27/1996, polo procedemento aberto e trámite de urxencia seguinte:

Obxecto e orzamento: a contratación do servicio de limpeza dos conductos de aire acondicionado dos locais cirúrxicos da 1ª e 2ª planta do Hospital Montecelo para mellora de instalacións e actualización normativa, por un orzamento de cinco millóns de pesetas (5.000.000 de ptas.), IVE incluído.

Prazo de execución: a realización dos servicios obxecto do presente concurso público executaranse dentro do prazo de trinta días, contados a partir da data de formalización do contrato.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, e demais documentación complementaria poderá ser solicitada na sección de concursos do Hospital Motecelo, lugar de Mourente, s/n, CP 36071 de Pontevedra, nos días laborables desde as 9 ata as 14 horas, ou por teléfono ó nº (986) 80 00 17, ou fax ó nº (986) 80 00 01, durante o prazo de admisión das proposicións.

Fianzas: provisional, 100.000 ptas.; definitiva, 200.000 ptas., que se constituirá conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia económica e financeira: as empresas licitadoras acreditarán a solvencia económico-financeira por calquera dos medios previsto no artigo 16 da LCAP (Lei 13 de 1995).

Solvencia técnica: acreditarase por algún dos medios previstos no artigo 19 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Criterios de adxudicación: os especificados no prego de cláusulas (punto 10).

Clasificación: non se esixe.

Presenteción das proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Montecelo, antes das catorce horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do estado.

Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Montecelo, ás dez horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finlice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas.

Variantes: no se admitirá a presentación de variantes ou alternativas.

Anuncios: o importe dos anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario.

Pontevedra, 17 de xuño de 1996.

Rafael Pérez-Santamarina Feijoo

Director gerente del Hospital de Montecelo

4075