Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 05 de xullo de 1996 Páx. 6.637

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE RIBEIRA

CÉDULA de emprazamento (139/1996).

Que nos presentes autos de divorcio número 139/1996, promovidos por Jackeline Lobelos González contra José David Martínez Bustamante, se dictou a resolución seguinte:

Proposta de providencia.

Secretario/a Álvarez Teixeira.

En Ribeira, o vintedous de abril de mil novecentos noventa e seis.

Dada conta por presentada a anterior demanda cos documentos que a acompañan e copias preceptivas, ás que se dará o seu destino legal, fórmense os oportunos autos que se rexistrarán cos da súa clase.

Admítese a trámite a demanda de divorcio que se insta a que se substanciará segundo as normas procesuais que lle son propias e, confírase traslado ó demandado José David Martínez Bustamente para que no improrrogable prazo de vinte días compareza en autos, comparecendo en forma e conteste a demanda, formulando, se é o caso, reconvención, baixo apercibimento de que, se non o verificar, será declarado en rebeldía e recaerán sobre el os demais prexuízos que sinala a lei. Encontrándose o demandado en paradoiro descoñecido, emprázase a este por medio de edictos que se publicarán no DOG e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Tense por comparecida e parte, na representación de Jackeline Lobelos González, á procuradora Peleteiro Bandín, segundo acredita co testemuño do apoderamento outorgado ó seu favor nas presentes actuacións, con quen se entenderán as sucesivas dilixencias na forma que determina a lei.

Así o propoño e asino.

Conforme: o/a xuíz/a.

E perante min, e para que sirva de emprazamento en legal forma para tódolos fins e termos legais a José David Martínez Bustamante, expido e asino a presente cédula en Ribeira o 22 de abril de 1996.

O secretario

Rubricado

4602