Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 05 de xullo de 1996 Páx. 6.637

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO de poxa (255/1992).

A xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Arzúa fai saber que neste xulgado do meu cargo, baixo o número 255/1992, se segue procedemento executivo, por instancia de Banco Bilbao Vizcaya, representado polo procurador Ricardo García-Piccoli, contra Mercedes Penas Peón, José Luis Penas Peón e Hortensia Taboada López, en reclamación de cantidade, e nos seus autos acordouse sacar á venda en primeira e pública poxa, por termo de vinte días e prezo da súa valoración, o seguinte ben embargado no procedemento e que ó final do presente edicto se detallará:

Os bens saen a licitación en lotes.

A poxa celebrarase o vindeiro día vintecinco de setembro ás dez horas da mañá, na sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa Lugo nº 45, baixo as seguintes condicións:

1. O tipo do remate será o do valor dado ós bens, sen que se admitan ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da dita suma.

2. Para tomar parte na poxa deberán consignar previamente os licitadores, polo menos, o vinte por cento do tipo do remate no establecemento destinado para o efecto (Banco Bilbao Vizcaya, S.A. axencia urbana nº 1475, conta de consignacións número 1510-000-17, a favor do expediente executivo 255/1992.

3. Soamente o executante poderá cederlle o remate a un terceiro.

4. Poderán facerse ofertas por escrito, en prego pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositando na mesa do xulgado, xunto co prego, o resgardo acreditativo do ingreso do importe descrito no punto nº 2.

5. Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o vindeiro vintecinco de outubro, ás dez horas, nas mesmas condicións cá primeira, agás o tipo do remate, que será o setenta e cinco por cento da primeira; e, no caso de resultar deserta a dita segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día vintesete de novembro, tamén ás dez horas, e rexerán para ela as restantes condicións fixadas para a segunda.

E para que así conste e lles sirva de notificación ó público en xeral e ós demandaados en particular, en caso de que estes non fosen atopados no seu domicilio, expídese o presente edicto para a súa publicación nos respectivos boletíns oficiais que correspondan.

Dado en Arzúa o doce de xuño de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

-Relación de bens obxecto de poxa:

Terreo de 108 metros cadrados na vila de Melide, na rúa Roca Salgado, que linda, ó norte, con Sabino Pita; sur, en liña de 13 metros, rúa Roca Salgado; leste, por 9 metros, con Alfonso López Castro; e oeste, en liña de nove metros, José Martínez Mosteiro.

Non figura inscrita no Rexistro da Propiedade.

O seu valor é dun millón seiscentas vinte mil pesetas.

4083