Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 04 de xullo de 1996 Páx. 6.605

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (55/1996).

Manuel Pérez Echenique, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber:

Que nos autos de xuízo executivo nº 55 de 1996 se dictou, con data 23 de marzo de 1996, sentencia cun encabezamento e decisión que son do teor literal que segue:

Vistos por Manuel Pérez Echenique, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número un desta cidade e o seu partido, os presentes autos de xuízo executivo, seguidos neste xulgado co nº 55 de 1996, entre partes, dunha, como demandante, a entidade Banco Pastor S.A., domiciliada na Coruña, representada en autos polo procurador Regueiro Muñoz, asistida do letrado García Fernández e, doutra, como demandados, Julio Antonio Vázquez Teruelo, con domicilio na rúa do Hórreo nº 45, baixo, de Santiago de Compostela, Julio Vázquez Limeres e Ana María Teruelo Lede, veciños de Pontevedra, con domicilio na rúa Cruz Vermella nº 5, 2-C, incomparecidos e en situación procesual de rebeldía, sobre póliza de préstamo.

Decido: que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada neste proceso contra Julio Antonio Vázquez Teruelo, Julio Vázquez Limeres e Ana María Teruelo Lede, facendo remate dos bens embargados e que se embarguen, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte executante, a entidade Banco Pastor, S.A., da suma principal de 760.579 pesetas, gastos, xuros pactados e legais, e custas causadas e que se causen, que preceptivamente se lle impoñen á parte debedora, a quen lle será notificada esta resolución na forma e modo que dispón a lei para os rebeldes; e fágolles saber ás partes que contra ela cabe recurso de apelación dentro de cinco días para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Lévese certificación ó preito principal.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lles sirva de notificación ós demandados rebeldes Julio Vázquez Limeres e Ana María Teruelo Lede, expido o presente edicto, que asino e selo en Santiago de Compostela, o vinte de maio de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

4054