Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 04 de xullo de 1996 Páx. 6.604

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (13/1996).

anuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia a Instrucción número un de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber, que nos autos de xuízo de menor contía seguidos neste xulgado co número 13/1996 se dictou sentencia con data do 16 de abril de 1996, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«Vistos por Manuel Pérez Echenique, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un desta cidade e o seu partido, os presentes autos de xuízo declarativo de menor contía, seguidos neste xulgado co número 13/1996, entre partes: dunha, como demandante, a entidade Sal y Azúcar, S.A., con domicilio na Coruña, representada en autos polo procurador García Piccoli Atanes, asistida do letrado Queimadelos Martín-Lanuza, e doutra, como demandada, a entidade Celso Martínez Míguez y otros S.C., domiciliada nesta cidade, incomparecida e en situación procesual de rebeldía, sobre reclamación de cantidade.

Decido, que, sen entrar a coñecer do fondo do asunto, debo absolver e absolvo na instancia á entidade Celso Martínez Míguez y otros S.C., das pretensións contra ela deducidas na demanda formulada polo procurador García Piccoli Atanes, representando a entidade Sal y Azúcar, S.A.. Todo iso sen efectuar especial pronunciamento en custas, e alzándose os embargos acordados por auto do 4 de xaneiro de 1996.

Lévese certificación desta sentencia ó proceso principal, facéndolles saber ás partes que non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación dentro do prazo de cinco días, para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que lle sirva de notificación á entidade demandada, Celso Míguez y otros S.C., incomparecida e en situación procesual de rebeldía, expido este edicto que asino e selo en Santiago de Compostela, 10 de maio de 1996.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

4055