Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 04 de xullo de 1996 Páx. 6.605

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (65/1996-2).

Eu, María Manuela García-Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, fago constar que neste xulgado se tramita xuízo de cognición co número 65/1996-2, no que se dictou sentencia cun encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

Sentencia.-En Santiago de Compostela o 21 de maio de 1996, Ángel Pantín Reigada, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade, dictou a presente resolución no procedemento civil de cognición seguido neste xulgado co número 65/1996, no que actuaron, como demandante, Antonio Taboada García, maior de idade e veciño de Santiago de Compostela, representado polo procurador dos tribunais Ricardo García-Piccoli Atanes e asistido pola letrada Luz Blanco e, como demandado, José Manuel Pintos Alonso, maior de idade e en ignorado paradoiro, en reclamación de resolución de arrendamento e reclamación de rendas pendentes.

Decido: que, estimando a demanda presentada, debo declarar e declaro resolto o contrato de arrendamento da vivenda expresada na demanda, que deberá ser desaloxada polo demandado, co apercibimento de lanzamento en legal forma se non o fixese voluntariamente. Igualmente condénase o demandado a aboarlle ó demandante a suma de 135.000 ptas polas rendas debidas correspondentes ás mensualidades de decembro de 1995 a febreiro de 1996, e a aboarlle a suma correspondente ás demais mensualidades devengadas desde entón e ata o desaloxo da vivenda, e a razón de 45.000 ptas. mensuais e 3.603 ptas por recibos de luz e auga, con imposición das custas ó demandado.

Contra esta resolución poderá interporse recurso de apelación para ante a audiencia provincial neste xulgado, no prazo de 5 días desde a notificación, por escrito e con sinatura de letrado na forma previda no artigo 733 da LAC.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Rubricado ilexible.

E para que conste e lle sirva de notificación a José Manuel Pintos Alonso, declarado rebelde e en ignorado paradoiro, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado, expido a presente cédula, que selo e asino en Santiago de Compostela o 23 de maio de 1996.

O secretario

Rubricado

4991