Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 03 de xullo de 1996 Páx. 6.565

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (65/1994).

Eu, María Manuela García-Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dou fe: de que no xuízo de menor contía que se segue neste xulgado co número 65/1994, se dictou a sentencia cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia.-En Santiago de Compostela, o 14 de marzo de 1996, Ángel Pantín Reigada, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco desta cidade, dictou a presente resolución no procedemento civil de menor contía seguido neste xulgado co número 65/1994, no que actuaron, como demandante, Carmen Castro Mouro e María Regiana Castro Mouro, maiores de idade e veciñas da Baña, representadas polo procurador dos tribunais Avelino Calviño Gómez e asistidos polo letrado Baltasar García Amigo e, como demandadas María Castro Mouro, María Josefa Castro Mouro, José Castro Mouro, maiores de idade, veciños da Baña, representados polo procurador dos tribunais Narciso Caamaño Queijo e asistidos polo letrado Ramón Cruces Vilas, e Manuel Castro Mouro e Elena Castro Mouro, declarados rebeldes nas actuacións, e Antonio Ruiz Permuy, maior de idade, veciño de Santiago de Compostela, representado polo procurador dos tribunais Santiago Gómez Martín, e defendido polo letrado

Antonio Ruiz Permuy, sobre división ou partición de herdanza.

Decido: que debo declarar e declaro que procede modifica-la partición realizada no xuízo de testamentaria 355/1990 deste xulgado polo conta

dor-partidor dirimente Antonio Ruiz Permuy, única e exclusivamente no que se refire ó establecemento de servidumes de paso respecto das parcelas resultantes da división do predio número 147 Couto de Abaixo, que se fixarán nos termos resultantes do fundamento xurídico terceiro desta resolución e do extremo H e croquis xuntado do informe do perito Alonso Barral, que consta en autos, aprobándose a partición realizada polo citado contador dirimente en todo o demais, autorizándose a súa protocolización unha vez que se modifique en canto ó extremo antes exposto. Non se fai imposición das custas.

Contra esta resolución poderá interporse recurso de apelación para perante a audiencia provincial neste xulgado, polo prazo de cinco días desde a notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Asinado-Rubricado.

E para que conste e lles sirva de notificación ós demandados rebeldes Manuel Castro Mouro e Elena Castro Mouro, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o vintesete de marzo de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria

Rubricado

4020