Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 03 de xullo de 1996 Páx. 6.566

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (15/1996).

Eu, Alicia Mansilla Pérez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago, fago saber, que neste xulgado se segue xuízo de cognición co número 15/1996, por instancia de Banco de Galicia, S.A., representado pola procuradora Rita Goimil Martínez, sobre reclamación de 336.982 ptas., contra Cargonca, S.L.

Que, por providencia desta data, se acordou empraza-lo demandado Cargonca, S.L. para que, no improrrogable prazo de nove días hábiles, compareza nos referidos autos coa prevención de que, se non o verifica, será declarado rebelde.

E para que lle sirva de emprazamento ó demandado referido e a súa publicación no DOG, expido o presente edicto en Santiago de Compostela o trece de maio de mil novecentos noventa e seis.

A maxistrada-xuíza

Rubricado

A secretaria

Rubricado

5026