Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 03 de xullo de 1996 Páx. 6.566

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 21 xuño de 1996 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público, con tramitación urxente, do contrato de obra relativo á adecuación do edificio do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, lª fase (residencia de internos), de Pontevedra.

Secretaría Xeral para o Deporte, ultimados os trámites administrativos pertinentes, resolveu anuncia-lo procedemento de adxudicación do contrato ó que se refire a presente e que posúe as seguintes características:

Entidade adxudicadora.

A Xunta de Galicia por medio da súa Secretaría Xeral para o Deporte.

Obxecto do contrato.

-Adecuación do edificio do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, 1º fase, (residencia de internos), sito en Fernando Olmedo, nº 3 de Pontevedra.

-Prazo de execución: tres (3) meses.

O presente expediente, de tramitación urxente, seguirá o procedemento de adxudicación aberto e a forma de concurso público.

O orzamento de execución por contrata ascende a trinta e un millóns trescentas oitenta e cinco mil corenta e unha pesetas (31.385.041 ptas.).

Garantía provisional.

Para presentar en calquera das formas admisibles, por importe do 2% do orzamento de licitación.

Os licitadores que acrediten a clasificación empresarial requirida, quedan eximidos de presenta-la garantía provisional (Art. 36.2º da Lei de contratos das administracións públicas).

Obtención de documentación e información.

No Servicio de Contratación e Xestión Económica da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos de San Lázaro s/n. Santiago de Compostela. Teléfono: 54 26 26. Fax: 54 26 29).

Requisitos especificos do contratista.

A) Clasificación empresarial: grupo C. subgrupo todos, categoría d.

B) Outros requisitos: os sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares e sinaladamente os esixidos polo artigo 80.2º.e) da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Presentacion de ofertas.

A) Data límite: as 14 horas do décimo terceiro (13) día natural posterior ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

B) Documentación que hai que presentar: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

C) Lugar de presentación: o rexistro de documentos da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos, San Lázaro. 15890. Santiago de Compostela. Fax. (981) 54 26 39), ou no xeral da Xunta de Galicia (edificos administrativos de San Caetano. Santiago de Compostela), ou de acordo cos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

D) Admisión de variantes: non admisibles.

Apertura de ofertas.

Levarase a cabo ás 9.30 horas do segundo día hábil ó de remate do prazo de presentación de ofertas que non sexa sábado, na sala de xuntas da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos, San Lázaro, 15890. Santiago de Compostela).

Gastos de anuncios.

Será por conta do adxudicatario, o custo da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e, no seu caso, da inserción do seu estracto nos medios de comunicación escrita.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 1996.

P.D. ( Orde 21-5-1990)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte

5018