Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 03 de xullo de 1996 Páx. 6.567

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 27 xuño de 1996 pola que se anuncia a contratación da asistencia técnica que ten por obxecto a prestación dos servicios de operadores de información para o desenvolvemento do programa de atención ó público dentro do Plan de Reforma Administrativa na Inspección Xeral de Servicios da Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia, polo sistema de procedemento aberto mediante concurso público polo trámite de urxencia.

Obxecto do contrato: contratación de asistencia técnica que ten por obxecto a prestación dos servicios de operadores de información para o desenvolvemento do programa de atención ó público dentro do Plan de Reforma Administrativa, para a Inspección Xeral de Servicios da Consellería da Presidencia e Administración Pública, polo sistema de procedemento aberto mediante concurso público polo trámite de urxencia.

Prazo de execución: os traballos obxecto da contratación levaranse a cabo ata o 31 de decembro de 1996.

Orzamento: 5.383.315 pesetas.

Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá examinarse, durante o prazo de presentación de proposicións nos días hábiles e horas de oficina, na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública sita na segunda planta do Edificio Central de San Caetano en Santiago de Compostela.

Garantía provisional: 107.666 pesetas.

Garantía definitiva: 215.332 pesetas.

Clasificiación: non se esixe.

Modelo de proposición: a proposición económica axustarase estrictamente ó modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en sobres pechados e lacrados na forma indicada no prego de cláusulas administrativas particulares. Deberán presentarse no rexistro xeral da Xunta de Galicia sito na planta baixa do edificio central de San Caetano en Santiago de Compostela ata as 14 horas do día 16 de xullo de 1996.

Apertura de proposicións: terá lugar ás 10 horas do día 18 de xullo, en acto público, nunha das salas de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública sita no semisoto do edificio central de San Caetano en Santiago de Compostela.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario, importe que deberá aboar con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 1996.

Jaime Bouzada Romero

Inspector xeral de Servicios

5027