Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 03 de xullo de 1996 Páx. 6.567

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 1996, da Xefatura Provincial de Estradas da Coruña, pola que se sinala data para o levantamento de actas previas á ocupación e se somete a información pública a relación de propietarios afectados polas obras de acondicionamento da estrada AC-432, treito: Vimianzo-Camariñas (clave: N/AC/91.14).

Por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas da Xunta de Galicia do 15 de febreiro de 1996, foi aprobado o proxecto das obras de acondicio

namento da estrada AC-432. Treito: Vimianzo-Camariñas. Clave: N/AC/91.14.

Por acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia o día 29 de febreiro de 1996 declárase urxente, para os efectos de aplicación do procedemento que regula o Art. 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, de 16 de decembro de 1954, a ocupación de bens e dereitos afectados polo referido proxecto.

Para tal efecto convócase os propietarios e titulares dos bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Vimianzo, da Casa do Concello de Camariñas e na Delegación Provincial da Coruña, para que comparezan no lugar, día e hora que se sinala a continuación, co fin de proceder ó levantamento das actas previas á ocupación daqueles, que recollerán os datos necesarios para a determinación dos dereitos afectados, os seus titulares e o valor daqueles, sen prexuízo do traslado ó lugar dos terreos si se considera necesario.

Lugar: Casa do Concello de Vimianzo. O levantamento de actas será no salón da actos do da Casa do Concello de Vimianzo.

Día: 8 de xullo de 1996, de 9 a 13 horas. Expedientes 1 a 100 de Vimianzo.

Día: 9 de xullo de 1996, de 9 a 13 horas. Expedientes 101 a 200 de Vimianzo.

Día: 10 de xullo de 1996, de 9 a 13 horas. Expedientes 201 a 300 de Vimianzo.

Día: 11 de xullo de 1996, de 9 a 13 horas. Expedientes 301 a 400 de Vimianzo.

Día: 12 de xullo de 1996, de 9 a 13 horas. Expedientes 401 a 516 de Vimianzo.

Lugar: casa do concello de Camariñas. O levantamento de actas será no salón de actos da casa do Concello de Camariñas.

Día: 15 de xullo de 1996, de 9 a 13 horas. Expedientes 517 a 600 de Camariñas.

Día: 16 de xullo de 1996, de 9 a 13 horas. Expedientes 601 a 700 de Camariñas.

Día: 17 de xullo de 1996, de 9 a 13 horas. Expedientes 701 a 800 de Camariñas.

Día: 18 de xullo de 1996, de 9 a 13 horas. Expedientes 801 a 902 de Camariñas.

Ó devandito acto deberán acudi-los titulares afectados persoalmente, ou ben representados por persona debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, o documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, podendo acompañarse, á súa custa, se o estiman oportuno, dos seus peritos e un notario.

Tendo en conta os antecendentes expostos, e en cumprimento do establecido no art. 17, parágrafo

2º da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública ata o momento do levantamento da acta previa á ocupación correspondente co fin de que os interesados poidan formular por escrito ante esa Xefatura Provincial de Estradas da Xunta de Galicia, sita na praza de Luis Seoane, s/n 8º, 15071 - A Coruña, as alegacións que coiden pertinentes, co obxecto de emendar posibles erros que se producisen ó relaciona-los propietarios afectados.

A Coruña, 20 de xuño de 1996.

Antonio Fernández Sarasquete

Enxeñeiro xefe provincial de Estradas

4912