Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 03 de xullo de 1996 Páx. 6.568

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 19 de xuño de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se notifica a resolución dictada polo conselleiro no recurso interposto contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Pontevedra do 28 de febreiro de 1992.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós interesados, cos datos e últimos domicilios coñecidos na resolución do recurso de alzada número 93/0902, interposto contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Pontevedra, do 28 de febreiro de 1992, pola que se denegou a aprobación final do expediente número P-VR-1177/90, para a rehabilitación dunha vivenda rural; da que a súa parte dispositiva di:

«Desestima-lo recurso de alzada número 93/0902, interposto por Celia Rubial Neira contra a resolución do delegado provincial do IGVS en Pontevedra, do 28 de febreiro de 1992, pola que se denegou a aprobación final do expediente número P-VR-1177/90 para a rehabilitación dunha vivenda en Celeiróns-Berres-A Estrada-Pontevedra; resolución que se confirma.

Contra esta resolución que se transcribe definitiva en vía administrativa cabe recurso contenciso-administrativo ante a sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, significándolle que debe comunicarlle previamente a esta consellería a dita interposición conforme o artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común».

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o 19 de xuño de 1996.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

96-4899