Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 03 de xullo de 1996 Páx. 6.569

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 1996 pola que se aproba o plan eólico estratéxico presentado pola empresa Planta Eólica de Galicia, S.A., denominado P.E.E. Nordtank. (Expediente IN660A 95/7-0).

Ó amparo do disposto no capítulo II do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, Planta Eólica de Galicia S.A., con domicilio social na r/ Goya, 85, Madrid, solicitou a aprobación do plan eólico estratéxico denominado P.E.E. Nordtank, onde se prevé o programa de actuacións que se vai desenvolver por un período de 8 anos, cun investimento global estimado de 12.000 millóns de pesetas.

Para os efectos previstos no apartado 2º do artigo 5 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo, a solicitude presentada publicouse no DOG do 6 de setembro de 1995 e no BOE do 9 de setembro de 1995, presentándose solicitudes en competencia por Endesa-Made, Desarrollos Eólicos S.A., Ecotecnia SCCL, Gamesa, Energía Eólica de Galicia, Unión Fenosa Energías Especiales e Hidroener.

Considerando que no informe técnico realizado pola Dirección Xeral de Industria para a resolución da competencia presentada se seguíron os seguintes criterios de avaliación dos plans eólicos afectados:

-Planificación enerxética.

-Estudio contrastado dos datos eólicos existentes.

-Viabilidade económica dos plans.

-Achega tecnolóxica e efectos industriais dos plans.

Considerando que a Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia é competente para a aprobación do plan eólico estratéxico que se solicita, con base no Estatuto de autonomía de Galicia; o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, sobre asunción de competencias en materia de industria, enerxía e minas; o Decreto 209/1990, do 15 de marzo, en relación coa Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, e por proposta da Dirección Xeral de Industria,

RESOLVO:

Aproba-lo plan eólico estratéxico P.E.E. Nordtank referido ás áreas recollidas no anexo I da presente resolución, cunha previsión de potencia de 75 MW.

A presente resolución implica o outorgamento do dereito de investigación nas áreas de referencia,

así como o dereito preferente, nas citadas áreas, á autorización das instalacións de aproveitamento de enerxía eólica, conforme o sinalado no artigo 8 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A aprobación do plan eólico estratéxico vincula á Administración e a Planta Eólica de Galicia, S.A., sen prexuízo das futuras resolucións que se adopten para o suposto de non exercita-lo dereito preferencial previsto no artigo 8 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A aprobación do plan eólico estratéxico outórgase de acordo coas seguintes condicións:

Primeira.-Planta Eólica de Galicia, S.A. realizará a investigación de 20 áreas (3 propias + 17 de Unión Fenosa Energías Especiales, S.A.), cun investimento total de 15.000.000 de pesetas, e deberá presentar un informe trimestral á Dirección Xeral de Industria dos datos obtidos nas áreas de investigación.

O investimento que se realizará nas áreas compartidas con Unión Fenosa Energías Especiales S.A. é de 58.135.000 ptas. e xa figura consignada no P.E.E. de Unión Fenosa Energías Especiales, S.A.

Segunda.-Planta Eólica de Galicia, S.A. iniciará a execución do plan industrial en novembro de 1996, e deberá executa-lo dito planeamento nas condicións sinaladas no anexo II da presente resolución, salvo imposibilidades técnicas ou causa de forza maior debidamente xustificada.

En calquera momento poderá a Administración solicita-la documentación que estime pertinente para verifica-lo cumprimento do establecido neste apartado.

Terceira.-A modificación do plan eólico estratéxico ou o incumprimento das condicións impostas nesta resolución e na autorización para a montaxe das instalacións será causa de resolución da presente aprobación.

Sen embargo, se por alteración substancial das circunstancias ou por outras causas sobrevidas, non fose axeitado o mantemento dalgunha ou algunhas das instalacións previstas no plan eólico estratéxico que se aproba, a empresa poderá solicitar da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia:

1. Autorización para a modificación ou substitución das actuacións, sen altera-las restantes condicións do plan eólico estratéxico que será outorgada pola Dirección Xeral de Industria, ou ben.

2. A aprobación dun novo plan eólico estratéxico para novas instalacións, se a importancia dos investimentos así o xustifican, tendo en conta sempre os dereitos que terceiros interesados poidan ter.

Cuarta.-Planta Eólica de Galicia, S.A., poderá transferir en calquera momento os dereitos dimanantes da presente aprobación coa previa autorización da Consellería de Industria e Comercio da

Xunta de Galicia, subrogándose o novo titular en tódalas obrigas e dereitos do transmitente derivados do plan eólico aprobado.

Quinta.-Dos 184 MW previstos para Planta Eólica de Galicia, S.A., no plan aprobado a Unión Fenosa Energías Especiales S.A., se non se acadase esta potencia, a empresa Planta Eólica de Galicia S.A., terá preferencia para optar á solicitude de novas áreas segundo a lista presentada na súa solicitude de plan eólico estratéxico.

Sexta.-A aprobación outórgase sen prexuízo de terceiros e deixando a salvo os dereitos particulares.

Sétima.-Esta aprobación outórgase sen prexuízo e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións de aproveitamento eólico.

Contra a presente resolución, que é definitiva na vía administrativa, poderá interpoñerse, se é o caso, recurso contencioso administrativo no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ó da súa publicación, logo de comunicación a esta consellería, conforme o establecido no artigo 57.2º da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, na súa nova redacción dada pola disposición adicional décimo primeira da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 1996.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

ANEXO I

Planta Eólica de Galicia, S.A.

NomeMunicipiosVértices

X-lonx W Y-lat N

A CoriscadaMuras607.0004.817.044,12
Ourol608.2004.816.875
608.2004.815.450
610.7204.815.400
610.7204.816.606,47
611.6254.816.500
611.6254.812.000
608.3754.812.000
607.0004.813.000

NomeMunicipiosVértices

X-lonx W Y-lat N

BarbanzaPorto do Son0.503.5254.726.075
Boiro0.503.5254.727.200
0.504.5004.728.350
0.505.5004.728.225
0.506.5004.729.625
0.506.5004.730.000

NomeMunicipiosVértices

X-lonx W Y-lat N

0.507.1254.730.000
0.507.1254.729.000
0.504.7504.725.750
0.503.5254.726.075

NomeMunicipiosVértices

X-lonx W Y-lat N

A CapeladaCedeira583.3004.840.000
Ortigueira583.1004.838.900
583.6504.838.350
583.1004.837.800
583.8004.837.100
584.3824.837.618
586.3754.835.875
584.5004.834.250
583.7504.836.750
581.7504.838.575

ANEXO II

Documento de síntese

Plan eólico estratéxico.

O plan eólico estratéxico terá unha duración de 8 anos e suporá un investimento global estimado de 12.000 millóns de ptas.

Plan de investigación eólica.

A empresa Planta Eólica de Galicia, S.A. realizará a investigación de 20 áreas (3 propias + 17 de Unión Fenosa Energías Especiales, S.A.) facendo un investimento de 15.000.000 de ptas. nas súas áreas propias, acadando un investimento medio de 5.000.000 de ptas. por área.

O investimento e investigación, que se realizará nas áreas compartidas con Unión Fenosa Energías Especiales S.A., é de 58.135.000 ptas. e xa figura consignada no P.E.E. Unión Fenosa Energía Especiales S.A.

As 17 áreas de estudio correspondentes ó plan de Unión Fenosa Energías Especiales S.A. investigaranse conxuntamente no prazo mínimo dun ano e máximo de ano e medio.

Planta Eólica de Galicia, S.A. usuará como entidade colaboradora para a investigación a empresa galega Gestenga, debendo non obstante presentar un informe trimestral á Consellería de Industria dos datos obtidos nas áreas de investigación.

Plan industrial.

A empresa Planta Eólica de Galicia, S.A. desenvolverá o dito plan realizando as seguintes actuacións no referente a novas instalacións.

Fabrica: ensamblaxes.

Localidade: provincia de Lugo.

Investimento (M ptas.):

Edificación (1).

Medios de producción: 440

Estimación de emprego: 30-35

Inicio da construcción: novembro 1996.

Data da operación: decembro 1996.

Producción Ud/ano: 100

Total medios de producción: 440

Total estimación de emprego: 30-35

(1) Nos edificios procederase á reforma ou acondicionamento dalgún existente.

Así mesmo, a compañía Planta Eólica de Galicia S.A. realizará o 60,1% como mínimo da fabricación do aeroxerador en Galicia, ben directamente mediante as súas propias fábricas, ou ben mediante subministradores galegos e/ou empresas implantadas en Galicia segundo se detalla na seguinte táboa:

Compoñente% sobre o

aeroxerador

% sobre o

investimento

total

Pas24,512,75
Torres13,88,2

Compoñente% sobre o

aeroxerador

% sobre o

investimento

total

Buxa1,11,55
Eixes3,52,80
Chasis4,42,70
Armario eléctrico4,52,70
Freos0,20,45
Coroa1,91,75
Acoplamentos0,60,70
Ensamblaxe5,02,90
Grupo oleohidráulico0,60,50
Total60,137
Obra civil e enxeñería (A)14,00
Infraestructura eléctrica (B)15,00
Montaxe e transporte (C)9,00
Subtotal A+B+C38.00
% do investimento total en Galicia75 (1)

(1) A porcentaxe do investimento total en Galicia cumprirase desde o inicio do plan industrial en outubro de 1996.

4874