Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 03 de xullo de 1996 Páx. 6.565

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (214/1994).

Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, fai saber: que neste xulgado se seguen autos de xurisdicción voluntaria nº 214/1994, sobre reanudación do tracto sucesivo interrompido do seguinte predio: unha casa sita na rúa Pexigo de Abaixo, sinalada co número dez, coa súa horta unida. Linda: ó sur ou dereita entrando, parede medianeira da do número once coa súa horta, de Jacobo Rey; á esquerda, norte, a do nove de Manuel Fariña; polo oeste, a rúa da súa situación; e polo leste, muro que sostén e pecha a expresada horta, que corre ó longo e no medio das de Fariña e Rey. Ten a casa, ademais da porta principal, unha ventá e un taboleiro cara á rúa e outra porta e ventá para a horta, e o seu fondo, co da horta descrita, ocupa a extensión de cinco cuartillos ou unha área de trinta e unha centiáreas e catro decímetros.

Polo presente edicto cítanse os herdeiros de Isabel Martínez Barreiro, María del Carmen Martínez Vázquez, así como Félix Martínez Braga e Josefa Anto

nia Barreiro Barreiro, ós que está inscrito o predio no Rexistro da Propiedade; cito tamén polo presente edicto a cantas persoas ignoradas poida afecta-lo dito expediente e prexudica-la inscrición que se solicita, co fin de que no termo de dez días a partir da publicación deste edicto, poidan comparecer no dito expediente para alegar canto ó seu dereito conveña en orde á pretensión formulada.

Conforme o disposto no artigo 201 da Lei hipotecaria, e en cumprimento do ordenado na dita resolución, expido, selo e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o cinco de xullo de mil novecentos noventa e cinco.

A maxistrada

Rubricado

O secretario

Rubricado

3991