Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 03 de xullo de 1996 Páx. 6.564

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (100/1995).

Eu, Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dou fe: de que nos autos ós que se fai mención se dictou a sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que din:

En Santiago de Compostela o nove de maio de mil novecentos noventa e seis.

En nome de S.M. El Rei.

Leonor Castro Calvo, maxistrada xuíza do Xulgado de Instrucción número tres desta cidade, pronunciou a seguinte sentencia:

No xuízo de faltas número 100/1995, dimanante do procedemento seguido por danos, coaccións, no que foron partes, ademais do Ministerio Fiscal, Pilar Fernández Vilas, denunciante, veciña da Praza da Quintana, nº 2-2º de Santiago de Compostela, José María Gutiérrez González, denunciado, sen domicilio fixo, Mario Novillo Irunzún, denunciado, con domicilio na r/ Zurbarán nº 20, Villanueva de la Cañada, Madrid, Julio Calvo Lucio, denunciado, con domicilio na r/ Parral nº 7, Cáceres, Ana Beltrán Inglada, denunciada, sen domicilio fixo, César Rama Crego, denunciado, con domicilio en Cacheiras-Teo, Sergio Sánchez Rego, denunciado, con domicilio na rúa de Ecuador nº 54-5º, Vigo.

Decido: que debo absolver e absolvo do feito orixe destas actuacións os denunciados José María Gutiérrez González, Mario Novillo Irunzún, Julio Calvo Lucio, Ana Beltrán Inglada, César Rama Cre

go, Sergio Sánchez Rego, e declaro de oficio as custas desta instancia.

Así, por esta miña sentencia, que lles será notificada ás partes, coa advertencia de que contra ela poderán interpor recurso de apelación ante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de cinco días, quedando as actuacións durante este período en secretaría á disposición das partes. ( O recurso formalizarase e tramitarase conforme o disposto nos artigos 795 e 796 da Lei de axuzamento criminal), e da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo.

De conformidade co disposto na Lei orgánica do poder xudicial, contra a presente resolución poderán as partes interpor recurso de apelación para ante o xulgado de instrucción dentro de cinco días, quedando as actuacións durante este período en secretaría.

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, para que lles sirva de notificación a: José María Gutiérrez González, Mario Novillo Irunzún, Julio Calvo Lucio, Ana Beltrán Inglada, expido e asino o presente testemuño en Santiago de Compostela o catorce de maio de mil novecentos noventa e seis.

O secretario xudicial

Rubricado

3880